Xubalandia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 10°12′20″N 48°43′15″L / 10.20556, -48.72083

En azul, situación de Xubalandia en Somalia.

Xubalandia (en somalí, Jubbaland; en árabe, جوبالاند ) ou Val do Xuba (en somalí, Dooxada Jubba) ou Azania (en somalí, Asaaniya; en árabe, آزانيا‎‎), é unha Rexión autóma do sur de Somalia

O seu nome oficial é Dowlad Goboleedka Jubbaland ee Soomaaliya (en somalí) / ولاية أرض جوبا في الصومال (en árabe), é dicir, "Rexión autónoma de Xubaland en Somalia".

Xeografía[editar | editar a fonte]

A súa fronteira oriental encóntrase a 40–60 km ao leste do río Xuba, que se estiende desde Gedo até o océano Índico, mentres que o seu lado occidental bordea a provincia nororiental de Kenya, límite que foi establecido durante o período colonial.[1]

Xubalandia ten unha superficie de 110 293 km2 e, en 2005, a súa poboación era de 953 045 habitantes.[2]

O seu territorio está formado polas provincias de Gedo, o Baixo Xuba e o Xuba medio.[3]

A capital é Bu'ale,[3] e a súa cidade máis grande é Kismaayo, situada na costa cerca da desembocadura do río Xuba. Bardera, Afmadow, Luuq e Beled Haawo son outras cidades da rexión.

Historia[editar | editar a fonte]

Bandeira de Xubalandia.
Escudo de Xubalandia.
Bandeira da Xubalandia independente.

Desde 1836 até 1861, partes de Xubalandia foron nominalmente reclamadas polo Sultanato de Mascate (agora en Omán). Más tarde se incorporaron á África Oriental Británica.

A zona estvo habitada principalmente polos Darod, clan nómade, e máis especificamente polo subclán dos Ogadeni, polos subgrupos Harti (Majeerteen, Dhulbahante e Warsangali) e outros subclans pertencentes aos clans Dir e Hawiye.

En 1925, o territorio foi cedido polo Reino Unido a Italia, e pasou a formar parte da Somalia italiana.

Na época de colonización italiana, o territorio pasou a denomimarse Transxuba, ou Ultraxuba (en italiano, Oltre Giuba, porque estaba situada a partir da marxe oeste do río Xuba, até a fronteira con Kenya. En 1926 tiña unha poboación de 120 000 habitantes.

O 1 de xullo de 1960, a rexión, xunto co resto da Somalia italiana e a Somalia británica, pasou a dormar parte da independente República Federal de Somalia.

En Xubalandia tiveron lugar numerosas batallas durante a Guerra Civil Somalí. Seguindo a secessión de Puntlandia, en xullo de 1998 varios líderes rexionais comezaron a prepararse para a independencia. O 3 de setembro de 1998, baixo a dirección de Mohamed Said Hersi, coñecido como Xeneral Morgan, Xubalandia declarose independente, sendo a cidade portuaria de Kismaayo a súa capital. Da mesma forma que o goberno de Puntlandia, Mohamed Said Hersi declarou que Xubalandia volvería a formar parte dunha Somalia unida, cando a paz se establecera.

A finais de agosto de 2006, militantes islamistas (do Consello Supremo das Cortes Islámicas, CSCI) lograron o control da maioría da rexión, as provincias de Jubbada Dhexe (Xuba Medio) e Jubbada Hoose (Baixo Xuba), incluíndo a cidade de Kismaayo, e estabeleceron a súa propia administración.[4] Ahmed Mohamed Islam (en somalí, Sheekh Axmed Maxamed Islaam) ou Sheikh Ahmed Madobe, ou Madobe, membro do islamista CSCI, foi nomeado presidente de Xubalandia.[5]

A Alianza do Val do Xuba (JVA) pasou a gobernar en Gedo, sufrindo as súas milicias unha serie de derrotas, como consecuencia das cales, a JVA pasou a aceptar o Goberno Transitorio Federal de Somalia (TFG). A finais de decembro de 2006 o JVA, agora incorporado ao TFG, e co apoio militar de Kenya, retomou o Val do Xuba. En setembro de 2012, Kismaayo foi reconquistada polo TFG e forzas kenyanas.[6]

Para reclamar a posesión do territorio, o goberno de Somalia anunciara en 2010 unha nova administración autónoma chamada Azania, que se formalizou o ano seguinte. En 2013, a administración provisional de Xubalandia, dentro de Somalia, foi oficialmente establecida e recoñecida. O 15 de maio dese ano, Ahmed Mohamed Islam, o antigo presidente do país, foi elixido presidente da Rexión autónoma.[7]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mohamed Amin AH Osman (1993): Somalia, Proposals for the Future. Somalia Patriotic Movement.
  2. "Regions, districts, and their populations: Somalia 2005 (draft)" (PDF). UNDP.
  3. 3,0 3,1 State Government of Jubaland of Somalia. March, 2013. (en inglés).
  4. Thousands displaced as insurgents take control of Kismayo en IRIN. (en inglés). Consultada o 23-04-207.
  5. Somalia: Prominent Islamist leader joins Sufis en Mareeg Online (en inglés). Consultada o 23-04-2007.
  6. Furiosi combattimenti in Somalia L’esercito keniano conquista Khisimaio Diario La Stampa, 28-09-2012. (en italiano). Consultado o 23-04-2017.
  7. Former Islamist warlord elected president of Somali region Axencia Reuters, 15 de naio de 2013. (en inglés). Consultada o 23-04-207.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]