Os tres Augustos e os cinco Emperadores
Historia da China | |
---|---|
Os Tres Augustos e os Cinco Emperadores | |
2205 a.C. | Dinastía Xia |
-1570 | Dinastía Shang |
-1046 | Dinastía Zhou |
-722 | Primaveras e Outonos |
-453 | Reinos combatentes |
-221 | Dinastía Qin |
-206 | Dinastía Han occidentais |
9 | Dinastía Xin |
25 | Dinastía Han orientais |
220 | Tres Reinos |
265 | Dinastía Jin e |
304 | Dezaseis Reinos |
420 | Dinastías do Norte e do Sur |
581 | Dinastía Sui |
618 | Dinastía Tang |
690 | Dinastía Zhou |
907 | As Cinco Dinastías e os Dez Reinos |
960 | Dinastía Song |
907 | Dinastía Liao |
1032 | Dinastía Xixia |
1115 | Segunda dinastía Jin |
1234 | Dinastía Yuan |
1368 | Dinastía Ming |
1644 | Dinastía Qing |
1912 | República da China |
1949 | República popular |
Taiwan |
Os tres augustos e os cinco emperadores (chinés: 三皇五帝, pinyin: sān huáng wǔ dì) son os gobernantes mitolóxicos da China anteriores á primeira dinastía Xia.
Historia e tradición
[editar | editar a fonte]A tradición chinesa atribúe a estes personaxes mitolóxicos a fundación da civilización chinesa e a invención das institucións sociais, culturais e económicas, como a familia, a agricultura, a escritura etc. A pesar do carácter lendario das historias que se contan sobre estes personaxes, que viviran centos de anos e foran responsábeis de feitos milagrosos, é posíbel que na orixe destas lendas se atopen personaxes reais, xefes tribais do III milenio a. C. que lograran vitorias militares previas á unificación da posibelmente lendaria dinastía Xia.
As fontes históricas chinesas coinciden no número de tres augustos e cinco emperadores, pero as identidades destes varían segundo as fontes, existindo versións diversas tanto para os augustos como para os emperadores.
Tres augustos
[editar | editar a fonte]Existen varias versións das identidades dos tres augustos (三皇 sān huáng):
- Augusto Celestial (天皇 Tiānhuáng), Augusto Terrenal (地皇 Dìhuáng) e Augusto Qin (泰皇 Qínhuáng), segundo as Memorias históricas de Sima Qian.
- Augusto Celestial, Augusto Terrenal, e Augusto Humano (人皇 Rénhuáng), segundo a obra da dinastía Song Tàipíng Yùlǎn (太平御覽), que cita unha obra da dinastía Han Occidental, o Chūnqiū Wěi (春秋緯). Esta lista diferénciase da anterior só no emprego dun nome lixeiramente diferente para o terceiro augusto.
- Suiren, Fuxi e Shennong, segundo o Shàngshū dàzhuàn (尚書大傳) e o Báihǔ Tōngyì (白虎通義).
- Fuxi, Nüwa e Shennong, segundo o Yùndòu Shū (運斗樞) e o Yuánmìng Bāo (元命苞).
- Fuxi, Shennong e o Emperador Amarelo, segundo o Dìwáng Shìjì (帝王世紀).
- Fuxi, Shennong e Gònggōng (共工), segundo o Tōngjiàn Wàijì (通鑒外紀).
Cinco emperadores
[editar | editar a fonte]As identidades máis habituais dos cinco emperadores (五帝 wǔ dì) son as que se mencionan en varios escritos da antigüidade, como as Memorias históricas, o Shìběn (世本) ou o Dàdàijì (大戴記). De acordo con estas obras, os cinco emperadores son os seguintes:
- O Emperador Amarelo.
- Zhuānxù (顓頊).
- Dìkù (帝嚳), ou simplemente Kù (嚳).
- Tángyáo (唐堯), ou simplemente Yáo (堯).
- Yúshùn (虞舜), ou simplemente Shùn (舜).