Na fermosa Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Na fermosa Galicia
Álbum de Los Tamara
Publicado1972
Xénero(s)folk, pop
Selo(s)Zafiro
Cronoloxía
Na fermosa Galicia De Santiago vengo... al mundo voy (1972)

Na fermosa Galicia é o primeiro álbum de estudio da banda galega de pop Los Tamara, publicado en 1970.

Características[editar | editar a fonte]

Este foi o primeiro disco de Los Tamara despois de 12 anos de traxectoria. A carpeta do disco está deseñada por pergameos do século XIV. O álbum inclúe 12 cancións, todas elas en lingua galega, incluíndo poemas de Rosalía de Castro ("Airiños, airiños aires", "Adiós ríos, adiós fontes" e "Pensamentos"), Curros Enríquez ("O vello e o sapo (Nocturno)") e Francisco Añón (“A Galicia” e “A enfermedade d'Añón”).

A dirección musical correu a cargo de Ramón Farrán e Prudencio Romo, quen ademais compuxo os temas “O home e a terra” e “Consellos”[1].

Lista de cancións[editar | editar a fonte]

N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Airiños, airiños aires"     
2. "Recordo"     
3. "Adiós ríos, adiós fontes"     
4. "O vello e o sapo (Nocturno)"     
5. "Pensamientos"     
6. "A canzón d'un mariñeiro"     
7. "Na morte de Curros"     
8. "A Galicia"     
9. "Queixas"     
10. "O home e a terra"  Prudencio Romo  
11. "Consellos"  Prudencio Romo  
12. "A enfermedade d'Añón"     

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fernández Rego, F. (2010). 50 anos de pop, rock e malditismo na música galega. Ed. Toxosoutos. p. 31. ISBN 9788492792382. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]