José Antonio Boedo Núñez
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1911 Oleiros |
| Morte | 11 de setembro de 1937 A Coruña |
| Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Actividade | |
| Ocupación | albanel, sindicalista |
| Familia | |
| Pai | José Boedo |
| Irmáns | Pucho Boedo |
José Antonio Boedo Núñez, nado en Oleiros en 1911 e finado na Coruña o 11 de setembro de 1937, foi un sindicalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de José Boedo López. Albanel, foi directivo do Sindicato Único del Ramo de la Construcción da CNT e da súa Sección de Albañiles. Participou na tentativa de fuga do Portiño en marzo de 1937, sendo detido polos falanxistas pouco despois. Xulgado e condenado a pena de morte, foi fusilado na Coruña o 11 de setembro de 1937.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lamela García, Luis (2002). A Coruña, 1936: memoria convulsa de una represión. Ediciós do Castro.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Pucho Boedo (irmán)