Saltar ao contido

Pterosauria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pterosauria
Pterosauria
Johann Jakob Kaup 1834 Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Subclase de
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
Clasificación taxonómica
ReinoAnimalia
FiloChordata
SuperclaseTetrapoda
ClaseSauropsida
SubclaseDiapsida
OrdePterosauria
Datas
 Data de comezo
hai 228 millóns de anos Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
hai 66 millóns de anos Editar o valor en Wikidata
Identificadores
Freebase/m/066ll Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Os pterosauros[1] ("lagartos alados") son un grupo de réptiles voadores que existiron durante a Era Mesozoica. As súas ás estaban formadas por unha complexa membrana sostida polo cuarto dedo da man, que estaba hipertrofiado. O seu corpo estaba cuberto de pelo, preservado en fósiles de polo menos tres especies distintas.

Os fósiles máis antigos de pterosauros coñecidos pertencen como mínimo ó Triásico tardío. O máis antigo chámase Eudimorphodon. É de pequeno tamaño, cola con extremo en forma de rombo, e dentes puntiagudos en ambas as dúas mandíbulas.

Os primeiros pterosauros, desenvolvidos entre o Triásico serodio e principios do Xurásico, eran similares ó Eudimorphodon; de pequeno tamaño, rabo longo, e dentes (como o Rhamphorynchus, que tiña dentes que pechaban en forma de trampa).

Xa para o Cretáceo se diversificaran en varias formas: algúns sen cola e sen dentes (como o Pteranodon), outros do tamaño dun avión da primeira guerra mundial (como Quetzalcoatlus, a criatura voadora máis grande coñecida), numerosos con cristas (como Dsungaripterus e Dimorphodon), e outros con outras características (como o Ctenochasma, que asemellaba unha garza e filtraba plancto por medio dos seus finos dentes).

Aparentemente, os pterosauros perderon moita da súa diversidade antes de concluír a Era Mesozoica. Só se coñece unha especie que existise no momento da grande extinción masiva do Cretáceo: Quetzalcoatlus northropi.

  1. "Pterosauro". Digalego.xunta.gal. Consultado o 9 de agosto de 2019.