Quetzalcoatlus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Quetzalcoatlus northropi»)

Quetzalcoatlus
Rango fósil: 68 Ma-66 Ma
Cretáceo superior

Esqueleto reconstruído.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Reptilia
(sen clasif.): Archosauria
Orde: Pterosauria
Superfamilia: Pterodactyloidea
Familia: Azhdarchidae
Xénero: Quetzalcoatlus
Lawson, 1975
Especie: Q. northropi
Lawson, 1975

Quetzalcoatlus /kɛtsəlkoʊˈætləs/ é un xénero de pterosauro que viviu no Cretáceo superior en América do Norte (Maastrichtiano), sendo un dos meirandes animais voadores de tódolos tempos, con até 12 metros de envergadura.[1] Quetzalcoatlus é membro da familia Azhdarchidae, unha familia de pterosauros sen dentes e pescozos ríxidos e longos. O seu nome provén do náhuatl, e fai referencia ao deus serpe emplumado azteca, Quetzalcóatl. A especie tipo, e única especie dentro do xénero, é Q. northropi.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. S., Paul, Gregory (2002). Dinosaurs of the air : the evolution and loss of flight in dinosaurs and birds. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 9780801867637.