Dimorphodon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dimorphodon
Rango fósil: Xurásico inferior
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Orde: Pterosauria
Suborde: Rhamphorhynchoidea
Familia: Dimorphodontidae
Xénero: ''Dimorphodon''
Owen, 1859
Especies
  • Dimorphodon macronyx (Buckland, 1829)(tipo)
  • Dimorphodon weintraubi Clark et al., 1998

Dimorphodon /daɪˈmɔːrfədɒn/ foi un xénero de pterosauros de tamaño mediano do período Xurásico inicial. Foi nomeado polo paleontólogo Richard Owen en 1859. Dimorphodon significa "dente de dúas formas", derivado do grego δι (di) que significa "dous", μορφη (morphe) que significa "forma" e οδων (odon) que significa "dente". referíndose ao feito de que tiña dous tipos distintos de dentes nas súas mandíbulas, o que é relativamente raro entre os réptiles. Dimorphodon habitou Europa.