Pteranodon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pteranodon
Rango fósil: Cretáceo superior
Pteranodon amnh martyniuk.jpg
Réplica de un esqueleto de un P. longiceps macho, Museo Americano de Historia Natural
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Orde: Pterosauria
Suborde: Pterodactyloidea
Superfamilia: Ornithocheiroidea
Familia: Pteranodontidae
Xénero: Pteranodon
Marsh, 1876
Especies
Sinonimia

Pteranodon (gr. "alado sen dentes") é un xénero de pterosaurios pterodactiloideos. Viviu fai 85 millóns de anos no Cretáceo superior. Atopáronse restos fósiles en Kansas (Estados Unidos) e en Inglaterra.

Características[editar | editar a fonte]

Carecía prácticamente de cola; a súa cabeza era máis ancha que a das formas xurásicas, cunha prolongación a modo de crista e sen dentes. A súa gran crista na parte posterior da cabeza probablemente axudáballe a equilibrar o peso do pico e da pesca. Pesou ata 20 kg e mediu ata 9 m de envergadura. As súas patas eran tan débiles que se dubida de que puidesen andar polo chan.

Dieta[editar | editar a fonte]

A súa dieta era piscívora (atopouse ósos fosilizados de peixes no estómago dun espécime). Seguramente empregaba o seu longo pico a modo de pa para capturar peces mentres voaba preto da superficie do mar. Unha bolsa baixo o pico permitíalle almacenar peixe, como o pelicano actual.

Especies[editar | editar a fonte]

Describíronse varias especies de Pteranodon, aínda que non todas están ben fundamentadas. As mellor establecidas distínguense pola forma da crista; en Pteranodon longiceps é recta e diríxese cara atrás, mentres que en Pteranodon sternbergi é máis vertical e profunda.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.