Saltar ao contido

Scophthalmus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Psetta»)

Scophthalmus é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, o tipo da familia dos escoftálmidos, propios do océano Atlántico e coñecidos en galego como rodaballos e curuxos.[1]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1810 polo naturalista estadounidense Constantine Samuel Rafinesque.[2]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Non está nada clara a etimoloxía do nome Scophthalmus.

Segundo algúns etimoloxistas,[3] derivaría dos termos do grego antigo σκόπελος skópelos, "rocha elevada" (e, ao parecer, o nome dun certo "peixe lantrerna"), e ὀφθαλμός ophthalmós, "ollo". Para outros, derivaría do italiano scopo, "mira" (de arma de fogo),[4] derivado do grego σκοπός skopós, "atalaia", "observador", "espía", relacionado con σκεπάζω skepázō, "defender", "protexer", "defender contra", e ὀφθαλμός ophthalmós, "ollo". Finalmente, algúns opinan que o termo estaría formado a partira dos gregos σκώπτω skóptō, "burlarse" e ἅλμη álmē, "auga ou escuma do mar",[5] literalmente: "o que se burla da escuma do mar", o que, dada a coñecida excentricidade de Rafinesque, talvez non estaría errado.

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome orixinario que lle deu Rafinesque, este xénero coñeceuse ao longo do tempo polos sinónimos:[2]

Actualmente recoñécense no xénero tres ou catro especies, segundo os autores (segundo admitan, ou non, a Scophtalmus maximus, o rodaballo:[6]

En Galicia

[editar | editar a fonte]

Rodríguez Solórzano et al., no seu Inventario,[9] nas augas galegas rexistran dúas das especies anteriormente citadas, Scophtalmus rhombus e Psetta maxima (= Scophtalmus maximus).

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 84.
  2. 2,0 2,1 Scophthalmus Rafinesque, 1810 no WoRMS.
  3. Scophthalmus maximus (Linnaeus, 1758) Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en FishBase.
  4. scope Arquivado 27 de novembro de 2011 en Wayback Machine. en wordswarm.net: free dictionary lookup.
  5. Scophthalmus Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en myEyimology.
  6. Ver ligazóns externas NCBI e FishBase, para o primeiro caso, e SIIT, para o segundo.
  7. Citado por Lahuerta e Vázquez como Psetta maxima maeoticus.
  8. Citado por Lahuerta e Vázuez como Psetta maxima maxima.
  9. R[odríguez] Sórzano, Manuel R.; Rodríguez, José L.; Iglesias, José; Pereira, Francisco X. e Álverez, Federico (1988): Inventario dos peixes do litoral galego. Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas. Inventarios. IV. Sada (A Coruña): Publicacións do Seminario de Estudos Galegos. Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-370-0.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
  • Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5.
  • Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]