Priyanka Chopra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Priyanka Chopra
Chopra en 2016.
Data nacemento18 de xullo de 1982 (41 anos)
Nado enIndia Jamshedpur, India
CónxuxeNick Jonas
OcupaciónActriz, modelo e cantante.
XéneroPop, dance
Instrumento(s)Voz
Tipo de vozMezzosoprano
Selo(s) discográfico(s)Interscope
Relacionado conwill.i.am, Pitbull
Tempo en activo2002-presente (Actriz)
2012-presente (Cantante)
Na rede
http://www.iampriyankachopra.com
IMDB: nm1231899 Allocine: 119528 Rottentomatoes: celebrity/priyanka_chopra Allmovie: p361937 TV.com: people/priyanka-chopra
Facebook: priyankachopra Twitter: priyankachopra Instagram: priyankachopra Youtube: UCYHfntv8p9G4c5ihe2NQM2w TED: priyanka_chopra Spotify: 5TPY1mgCEaVjJQnpDPFJVF iTunes: 320934251 Musicbrainz: 34d61873-7bdd-4dd8-91d4-9ae585b4622b Discogs: 3242984 Allmusic: mn0003007318 WikiTree: Chopra-5 Genius: Priyanka-chopra Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Priyanka Chopra (en hindi devánagari: प्रियंका चोपड़ा), nada en Jamshedpur, Jharkhand o 18 de xullo de 1982, é unha actriz e cantante india e gañadora do concurso internacional de beleza Miss Mundo no ano 2000. Antes do inicio da súa carreira de actuación traballou como modelo. Gañou fama e notoriedade despois de gañar o título de Miss Mundo no 2000. A miúdo é referida co alcume de "Piggy Chops" que lle foi dado polos seus co-protagonistas na rodaxe do filme hindú Bluffmaster!. Durante a súa carreira gañou unha vez o premio Filmfare, ao que tamén foi nomeada sete veces, e un Premio Nacional de Cine da India por Mellor Actriz.[1]

O seu debut como actriz foi no 2002, no filme Tamizhan. Ao seguinte ano fixo o seu debut en Bollywood co filme "The Hero: Love Story of a Spy", seguindo co éxito "Andaaz", polo cal gañou un Premio Filmfare por Mellor Debut Femenil. No 2004 converteuse na segunda muller en gañar o Premio Filmfare a Mellor Vilán, que recibiu polo seu aclamado papel pola crítica en Aitrazz. Chopra máis tarde tenría éxito comercial con filmes como Mujhse Shaadi Karogi (2004), Krrish (2006), Don: The Chase Begins Again (2006) e Don 2 (2011).

O 2008 marcou o comezo dunha nova etapa na carreira de Chopra. A súa interpretación de modelo con problemas, no filme Fashion valeulle un Premio Nacional de Cine á Mellor Actriz, así como un Premio Filmfare á Mellor Actriz. Recibiu críticas positivas polos seus papeis en filmes como Kaminey (2009), What's your Raashee? (2009) e 7 Khoon Maaf (2011), pola que gañou un Premio Filmfare a Mellor Actriz. Unha vez feito isto, Chopra estabeleceuse como unha das principais actrices do Bollywood contemporáneo.

Ademais de actuar en filmes, Chopra é actriz de teatro e lanzou o seu primeiro álbum discográfico a nivel internacional en 2012.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Os dous pais de Priyanka, Ashok e Madhu Chopra, nada Akhauri, eran médicos, e ela ademais ten un irmán. Priyanka está moi unida ao seu pai, orixinario de Punjab; mentres que a súa nai é de Bihar ao norte da India. Pasou parte da súa infancia en Bareilly, Uttar Pradesh. A súa familia mudábase moito xa que o seu pai estaba na armada. Estudou no La Martiniere Lucknow en Lucknow, e máis tarde foise aos Estados Unidos, onde estudou na Newton North High School, en Newton, Massachusetts e na Robert Kennedy High School (Flusing Queens) en Nova York antes de regresar á India para completar a súa educación na Army Public School (Bareilly). Empezou no Jai Hind College en Bombai, pero o deixou para presentarse a Miss Mundo. O seu pai tamén foi un bo cantante.

Concursos de beleza[editar | editar a fonte]

Priyanka coroouse Miss India Mundo e logo Miss Mundo en 2000.[2] O mesmo ano, Lara Dutta e Diya Mirza, ambas da India, gañaron Miss Universo e Miss Asia Pacific.

Foi a quinta hindú en coroarse Miss Mundo.

Carreira de actriz[editar | editar a fonte]

Tras gañar Miss Mundo, fíxose actriz. O seu primeiro filme foi Thamizhan (2002) en támil e desde 2003 apareceu en moitas películas de Bollywood.

Actuou na serie Mujhse Shaadi Karogi en (2004) e logo en Aitraaz, un remake en hindi do filme protagonizado por Demi Moore Disclosure ( Acoso) e ese mesmo ano participou no tour "Temptations 2004" con outras estrelas de Bollywood, Shahrukh Khan, Rani Mukerji, Saif Ali Khan, Preity Zinta e Arjun Rampal.

En 2005, xa protagonizara moitos filmes e en 2006, participou en dous dos filmes máis taquilleros do ano, Krrish e Don - The Chase Begins Again. En 2006, Priyanka Chopra foi votada a muller asiática polo Eastern Eye, unha publicación asiática.

Carreira musical[editar | editar a fonte]

A súa primeira gravación, a canción "Ullathai Killadhe" no filme "Thamizhan Tamil" (2002), fíxose a instancias do seu director Vijay, quen se fixara na súa forma de cantar no set.[3] En agosto de 2011, Chopra asinou un acordo de gravación con Universal Music Group, o acordo indica que o seu primeiro álbum de estudio sería lanzado por Interscope Records en Norteamérica e por Island Records noutros lugares.[4]

Chopra viaxou aos Estados Unidos para traballar no seu primeiro álbum que tiña previsto o seu lanzamento para principios de 2014, colaborando con Sam Watters, Matthew Koma, Jay Sean e RedOne, sendo este último o produtor do álbum.[5] O seu primeiro sinxelo "In My City" en colaboración de will.i.am inspirouse na súa infancia inestable e a súa viaxe dunha chica de pobo cunha celebridade, a canción recibiu críticas mixtas dos críticos, e foi un éxito comercial na India; vendeu máis de 130.000 copias na súa primeira semana encabezando a lista pop hindú e foi certificado triplo platino.[6]

En xullo de 2013 lanzou o seu segundo sinxelo "Exotic", en colaboración de Pitbull, e rapidamente chegou a ser número un en iTunes India, "Exotic" debutou no número 16 en "Billboard Dance/Electronic Songs" e no número 11 en "Dance/Electronic Digital Songs".[7]

O seu terceiro sinxelo, unha versión electropop de "I Can't Make You Love Me" de Bonnie Raitt, lanzado o 22 de abril de 2014.

Priyanka Chopra People's Choice Awards India

Premios e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Gañadora[editar | editar a fonte]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Filme Papel Outros
2002 Thamizhan Priya En tamil
2003 The Hero: Love Story of a Spy Shaheen Zakaria
2003 Andaaz Jiya Gañadora do Filmfare Best Debut Award
2004 Plan Rani
2004 Kismat Sapna Gosai
2004 Asambhav Alisha
2004 Mujhse Shaadi Karogi Rani Singh
2004 Aitraaz Sonia Roy Gañadora do Filmfare Best Villain Award
nomeada ao Filmfare Best Supporting Actress Award
2005 Blackmail Sra. Rathod
2005 Karam Shalini
2005 Waqt: The Race Against Time Pooja
2005 Yakeen Simar Oberoi
2005 Barsaat Kajal
2005 Bluffmaster Simran "Simmi" Ahuja
2006 36 China Town Sweetu Aparición especial
2006 Taxi Number 9211 Aparición especial
2006 Alag Aparición especial na canción Sabse Alag
2006 Krrish Priya
2006 Aap Ki Khatir Anu
2006 Don - The Chase Begins Again Roma
2007 Salaam-e-Ishq: A Tribute To Love Kkamini
2007 Big Brother
2007 Om Shanti Om Ela mesma Aparición especial na canción "Deewangi Deewangi"
2008 My Name is Anthony Gonsalves Ela mesma Aparición especial
2008 Love Story 2050 Sana / Zeisha Dobre rol
2008 God Tussi Great Ho Alia Kapoor
2008 Chamku Shubhi
2008 Drona Sonia
2008 Fashion Meghna Mathur Gañadora do Premio Nacional Film a Mellor Actriz
Gañadora do Premio Filmfare a Mellor Actriz
2008 Dostana Neha Melwani
2009 Billu Ela mesma Aparición especial na canción "You Get Me Rockin & Reeling"
2009 Kaminey Sweety Shekhar
Bhope
Nomeada—Premio Nacional Film a Mellor Actriz
2009 What's Your Raashee? 12 roles Anjali / Vishakha / Kajal / Hansa / Mallika / Pooja / Rajni /
Nandini / Bhavna / Jhankhana / Sanjna / Chandrika
2010 Pyaar Impossible! Alisha Merchant
2010 Jaane Kahan Se Aayi Hai Ela mesma Aparición especial
2010 Anjaana Anjaani Kiara Malhotra
2011 7 Khoon Maaf Susanna Anna-Marie
Johannes
Filmfare Critics Award for Best Actress
Nomeada—Filmfare Award for Best Actress
2011 Ra.One Desi Girl Aparición especial
2011 Don 2 Roma
2012 Agneepath Kaali Gawde
2012 Teri Meri Kahaani Ruksar / Radha /
Aradhana
2012 Barfi! Jhilmil Sengupta (2012)
2013 Krrish 3 Priya Mehra
2013 Zanjeer Mala
2013 Planes Ishani
2014 Mary Kom Mary Kom
2015-presente Quantico Alex Parrish Serie de televisión

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.ndtv.com/photos/entertainment/priyanka-s-exotic-moment-with-pitbull-14807
  2. Rao, H.S. (1 de decembro de 2000). "Priyanka Chopra is Miss World 2000". rediff.com. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2006. Consultado o 2 de agosto de 2006. 
  3. "Eyecatchers — She's Getting Vocal". India Today (Digital Today). 28 de xaneiro de 2002. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2013. Consultado o 16 de setembro de 2012. 
  4. Bhushan, Nyay (5 de agosto de 2011). "Universal Music Group Signs Bollywood Star Priyanka Chopra to Global Deal". The Hollywood Reporter. Consultado o 31 de agosto de 2012. 
  5. Baker, Steven (7 de xullo de 2012). "Bollywood Star Priyanka Chopra in the Studio With RedOne". Digital Spy. Consultado o 30 de novembro de 2012. 
  6. Joshi, Priya (30 de xaneiro de 2013). "Priyanka Chopra releases video for will.i.am duet In My City". Digital Spy. Consultado o 27 de febreiro de 2013. 
  7. "Dance/Electronic Digital Songs : July 27, 2013". Billboard. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2013. Consultado o 24 de xullo de 2013. 
  8. "Priyanka Chopra crowned style diva". Arquivado dende o orixinal o 06/06/2008. Consultado o 29/06/2017. 
  9. "Priyanka Chopra Awards Category". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2011. Consultado o 29 de xuño de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
India Yukta Mookhey
Miss Mundo
2002
Sucesor:
Nixeria 'Agbani' Asenite Darego