Kerry Wetterstrom
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de setembro de 1960 |
País de nacionalidade | estadounidense. |
Educación | Universidade de Colorado. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Premios | |
(1994): Wagner (CPNA). (2000): Presidencial (ANA). (2000): P. Haleman (RRCC). (2006): G. Smedley (ANA). (2010): Ao mérito (ANA). (2019): A. G. Wilde (ANA). (2021): Margolis (NYINC). (2021): F. Zerbe (ANA). |
Kerry Keith Wetterstrom,[1] nado o 21 de setembro de 1960, é un coleccionista, editor e comerciante numismático estadounidense.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aínda que Wetterstrom se graduou en Enxeñaría Mecánica e do Petróleo, na Universidade de Colorado,[2] o seu recoñecemento vénlle dado pola súa dedicación á numismática, pola que se empezou a interesar en 1974.[3][4]
Como coleccionista e investigador, centra o seu interese na moeda da Antiga Grecia e na da Antiga Roma, sinaladamente nas cuñaxes Tolemaicas e do Exipto romano, e é o autor do capítulo relativo a estas emisións no traballo de Wayne G. Sayles sobre as moedas da Antigüidade.[5] Outros dos seus intereses son as medallas de proclamación dos reis de España en México ou as moedas-placa de cobre suecas. Ademais, no ámbito notafílico, interésase polo papel moeda emitido no condado de Lancaster.[3][4]
No ámbito editorial, foi editor xeral de The Celator[2] entre 1999 e 2012, e neste período esta publicación periódica pasou de editarse en formato xornal ao de revista.[3][4][6] Tamén pertenceu ao equipo editorial da revista Classical Numismatic Review.[7]
Mais o seu labor máis destacado encádrase dentro do comercio numismático. Entre 1987 e 1999 foi o director de poxas da compañía Classical Numismatic Group, de Lancaster, Pensilvania, e en 2013 integrouse novamente no cadro desta compañía.[2][3][4][8]
En tanto que coñecedor do mercado numismático do seu país xoga un papel moi activo na Convención Numismática Internacional de Nova York (NYINC), de cuxo programa educativo foi responsable entre 2000 e 2020, e en varias ocasións participou en condición de experto no Comité Asesor de Bens Culturais, do Departamento de Estado dos EEUU, en materia de restricións á importación de obxectos numismáticos.[3][4]
Entre outras entidades académicas e asociativas, Wetterstrom preside o Gremio de Coleccionistas de Moedas Antigas.[9] Ademais, é membro da American Numismatic Association (que o premiou en diversas ocasións), da American Numismatic Society, da Asociación Numismática de Pensilvania, da Royal Numismatic Society (Londres), da Real Asociación Numismática do Canadá e da Sociedade de Coleccionistas de Papel Moeda.[3][4]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- (1994): Premio Wagner, da Central Pennsylvania Numismatic Association.[3]
- (2000): Premio Presidencial da American Numismatic Association.[10]
- (2000): Premio Paul Haleman, do Red Rose Coin Club.[3]
- (2006): Premio Glenn Smedley Memorial, da American Numismatic Association.[2][10]
- (2010): Medalla ao mérito da American Numismatic Association.[2][10]
- (2019): Premio Adna G. Wilde Jr. Memorial, da American Numismatic Association.[10][11]
- (2021): Medalla Richard Margolis, da New York International Numismatic Convention.[12][13]
- (2021): Premio Farran Zerbe Memorial, da American Numismatic Association.[10][14]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Wetterstrom, Kerry Keith". WorldCat Identities.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Smith, P. (2012).
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 "Wetterstrom, Kerry K.". En Coins Weekly. 24 de maio de 2017.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 "Coinsweekly biography: Kerry Keith Wetterstrom". En The E-Sylum. Vol. 20. Nº 22. 28 de maio de 2017.
- ↑ Sayles, W. G. (1998). Ancient Coin Collecting IV: Roman Provincial Coins. Krause Publications. ISBN 978-0873415521
- ↑ Marotta, M. E. (2000). "The Celator".
- ↑ "Production Staff". En Classical Numismatic Review. Vol. 39. Nº 2. Verán de 2014.
- ↑ "Meet the Team". Classical Numismatic Group, LLC.
- ↑ "Meet our board of directors". Ancient Coin Collectors Guild.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 "Past ANA awards recipients Arquivado 11 de xuño de 2021 en Wayback Machine.". American Numismatic Association.
- ↑ "Kerry Wetterstrom granted Adna G. Wilde Jr. Memorial Award for exemplare service". En Coins Weekly. 25 de xullo de 2019.
- ↑ "Kerry Wetterstrom to receive NYINC Medal". En Coins Weekly. 11 de febrero de 2021.
- ↑ "Kerry Wetterstrom Named as Recipient of Inaugural Richard Margolis Medal of Merit". En The E-Sylum. Vol. 24. Nº 3. 17 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Kerry Wetterstrom receives ANA Farran Zerbe award". En Coin Word. 6 de agosto de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Smith, P. (2012). "Wetterstrom, Kerry, K.". En American Numismatic Biographies. Páxina 377.