O Donbass Arena ou Donbas Arena (en ucraíno: Донбас Арена, en ruso: Донбасc Арена) é un estadio de fútbol situado en Donetsk, Ucraína. Actualmente é utilizado principalmente para partidos de fútbol, sendo o estadio local do Shakhtar Donetsk. O estadio, que será unha das sedes da Eurocopa 2012, ten capacidade para 51.504 espectadores.
O Donbass Area inaugurouse o 29 de agosto de 2009, día dos mineiros en Ucraína e día da cidade de Donetsk. Destacar que este día non foi elixido por casualidade: o nome do club local, Shakhtar Donetsk, en galego tradúcese como "os mineiros de Donetsk" e ademais a cidade atópase en Donbass, unha rexión mineira, polo que esta data foi elixida polo seu simbolismo. A cantautora de R&BBeyoncé actuou na noite inaugural, sendo súa primeira actuación en Ucraína.
O Donbass Arena albergou durante o campionato cinco encontros: tres encontros da fase de grupos, correspondentes ao Grupo D, un de cuartos de final e unha semifinal. Os partidos foron os seguintes: