Praia de Río Sieira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Praia de Río Sieira / Boca do Río
Coordenadas: 42°38′55″N 9°02′12″O / 42.648499999807, -9.0367999999941
Características xerais
Lonxitude950 m
Largo medio28 m
Grao de ocupaciónMedia (no verán)
Grao de urbanizaciónNon hai
Paseo marítimoNon hai
Características específicas
Tipo de praiaAberta
Tipo de areaFina
Condicións do bañoOndada de forte a moderada
Seguridade
Sinalización do perigoSi
Accesibilidade
Tipo de accesoAcceso a pé, fácil
Sinalización do accesoSi

A praia de Río Sieira é un grande areal situado no concello de Porto do Son, na parroquia de Xuño, lugar da Coviña.

Características[editar | editar a fonte]

Praia de Río Sieira, co monte Louro ao fondo.

Trátase dunha praia de ámbito virxe de case 1 km de longo e uns 28 m de anchura, na desembocadura do río Sieira, ao que se debe o seu outro nome, de Boca do Río.

É unha praia illada, sen paseo marítimo, principalmente composta por rochas e area fina, branca e dourada.

Ao estar formada na desembocadura do río Sieira, provocou a aparición dun sistema lagunar que permite bañarse tamén en auga doce e moito máis tranquila que a da praia propiamente dita.

O seu nivel de ocupación, na temporada estival, é medio.

Acceso[editar | editar a fonte]

Desde o Porto do Son, pola estrada AC-550, en dirección a Ribeira. Posúe dous accesos: un pola súa marxe dereita, que corresponde á parroquia de Caamaño, e outro pola marxe esquerda, que corresponde ao lugar da Coviña, na parroquia de Xuño.

Accesibilidade[editar | editar a fonte]

Hai unha parada de autobús interurbano a 200 m da praia. Tamén pode accederse en coche, xa que hai aparcadoiro, non vixiado, nas proximidades da praia.

Servizos[editar | editar a fonte]

Dispón de servizo de vixilancia durante o verán (Protección Civil). Hai sinalizacións de perigo claramente visíbeis. O hospital máis próximo é o Hospital da Barbanza, que se encontra a 9 km, no lugar de Salmón, na parroquia de Oleiros, no veciño concello de Ribeira.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]