Praia do Son

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Praia do Son / Praia do Cruceiro
Porto do Son 14.jpg
A praia do Son, ou do Cruceiro, a carón do porto
Coordenadas: 42°43′38″N 08°59′46″O / 42.72722, -8.99611
Características xerais
Lonxitude170 m
Largo medio15 m
Grao de ocupaciónAlta (no verán)
Grao de urbanizaciónNo centro urbano
Paseo marítimoNon hai
Características específicas
Tipo de praiaAberta
Tipo de areaFina
Condicións do bañoOndas febles
Seguridade
Sinalización do perigoSi
Accesibilidade
Tipo de accesoFácil, a pé

A praia do Son, tamén chamada praia do Cruceiro é un pequeno areal urbano do lugar de Porto do Son, na parroquia de Noal. Até o século XIX estendíase desde Rocapillón até o pé do cruceiro situado no cruzamento da baixada á zona portuaria desde a estrada AC-550. Antes da ampliación do porto estendíase até o antigo peirao vello, e tras as sucesivas obras de ampliación do porto chegou a desaparecer, rexurdindo na actual configuración deste, ampliando a súa extensión até máis alá do cruceiro (polo que algúns chámana tamén a que se formou).

Características[editar | editar a fonte]

Extremo da praia do Son, debaixo da estrada AC-550.

A súa lonxitude é de 170 m, e a súa anchura de 15 m. O nivel medio de ocupación nos verán é alto, sendo frecuentada sobre todo por familias con nenos, dado a súa escasa perigosidade. Está constituída por area branca moi fina, que o vento despraza até o novo xardín do porto. O estado habitual do mar é de ondas moderadas, e é moi ventosa. É apta para practicar o submarinismo. Dispón de servizos habituais como autobús interurbano, aparcadoiro non vixiado (de entre 50 e 100 prazas), ducha, sinalizacións de perigo claramente visíbeis.

Atención médica[editar | editar a fonte]

Para atencións médicas, no centro urbano hai un Centro de Saúde, situado na rúa Atalaia, s/n. O hospital máis próximo é o Hospital da Barbanza, que se encontra a 15 km no lugar de Salmón, na parroquia de Oleiros no veciño concello de Ribeira.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]