Praia do Pozo
Aparencia
| Praia do Pozo | |
|---|---|
| 42°44′54″N 8°57′16″O / 42.748333, -8.954444 | |
| Características xerais | |
| Lonxitude | 100 m |
| Largo medio | 30 m |
| Características específicas | |
| Tipo de area | Fina |
| Condicións do baño | Augas tranquilas |
A praia do Pozo (tamén coñecida como Lagaño) é unha praia galega na parroquia de Goiáns, no Porto do Son, preto da vila de Portosín. Ten unha lonxitude de 100 metros e unha anchura de 30 metros. Praia de ámbito virxe, con forma de enseada e augas tranquilas.