Caamaño, Porto do Son

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°39′36″N 09°01′54″O / 42.66000, -9.03167

Caamaño
Caamaño, Porto do Son.jpg
Igrexa parroquial
Concello Porto do Son
Poboación 575 hab. (2016)
Entidades de poboación 19

Santa María de Caamaño é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Porto do Son. Segundo o IGE[1], en 2016 tiña 575 habitantes (288 homes e 287 mulleres) distribuídos en 19 entidades de poboación.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Igrexa parroquial[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial é de estilo románico e barroco. A construción orixinal, do século XII, foi reformada no século XVIII, mantendo o presbiterio orixinal, de planta rectangular con cuberta de canón apoiada en arcos faixóns de medio punto sobre semicolumnas con capiteis de motivos vexetais. Conserva no muro do testeiro unha fiestra románica, de arco de medio punto con decoración xeométrica, apoiado sobre dúas columnas pequenas con capiteis florais. Unha dupla arcada apúntase polo exterior do presbiterio, no lateral dereito. No lateral esquerdo está a sancristía con acceso desde o interior, enriba da cal hai unha espadana de principios do século XIX. O resto da nave está cuberta con bóveda de canón sobre muros de cantería con capeliñas embebidas neles. O retablo é barroco.

No exterior hai unha escaleira apegada ao muro lateral dereito, que dá acceso ao campanario, cun apoio en tripla arcada de medio punto e remate en balaustrada que sobe pola cuberta até a espadana, de dous corpos superpostos, rematados con pináculos e bólas.

Capela da Pedra Furada[editar | editar a fonte]

Capela da Pedra Furada, Caamaño, Porto do Son.jpg
Cruceiro da capela da Pedra Furada, Caamaño, Porto do Son.JPG

A Capela da Pedra Furada, adicada á advocación da Anunciación da Virxe María, é unha ermida de nave única e fachada con espadana dun arco. A entrada á mesma foi mudada de localización, pois antes estaba na cabeceira, cara ao Camiño Real. A ermida é símbolo da cristianización dunha antiga crenza de culto ás pedras.

Ao seu carón hai un cruceiro de capela.

Festividades[editar | editar a fonte]

  • 20 e 21 de xaneiro: san Sebastián e a Sagrada Familia
  • Domingo de resurrección e luns de Pascua: romaría de Pedrafurada
  • Terceiro domingo de xullo: festa cabalar
  • 15 16 e 17 de agosto: festas patronais (Nosa Señora, san Roque e Virxe do Carme)
  • 8 e 9 de decembro: Inmaculada Concepción e santo Antón

Notas[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Caamaño[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Caamaño no concello coruñés de Porto do Son

O Barrento | Caamaño | O Campanario | O Candeiro | A Capela | O Castelo | Corzo | A Cruz | As Cruzadas | Entre as Vías | Esparrelle | O Feal | O Fondón | O Grallal | A Lagoela | A Ponte | O Portal | As Pulidas | O Rosío

Parroquias de Porto do Son[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Porto do Son

Baroña (San Pedro) | Caamaño (Santa María) | Goiáns (San Sadurniño) | Miñortos (San Martiño) | Nebra (Santa María) | Noal (San Vicente) | Queiruga (Santo Estevo) | Ribasieira (San Pedro) | San Pedro de Muro (San Pedro) | Xuño (Santa Mariña)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]