Portal:Tampere/Lugar de interese/Arquivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aquí están todos os lugares de interese no portal Tampere:

1[editar a fonte]

O Suomen Jääkiekkomuseo (en galego Museo finlandés do hóckey sobre xeo) é un museo situado na cidade finlandesa de Tampere adicado á historia do hóckey sobre xeo. O museo abriu as portas en 1979 e orixinalmente encontrábase no Tampereen jäähalli (principal pavillón de hóckey sobre xeo da cidade), ata que no ano 2000 se trasladou ao complexo museístico do Museokeskus Vapriikki.

O museo do hóckey sobre xeo finlandés é considerado o segundo mellor museo de historia do hóckey sobre xeo do mundo por detrás do Hockey Hall of Fame de Toronto.


2[editar a fonte]

Särkänniemi é un parque de atraccións da cidade de Tampere, Finlandia. Särkänniemi conta con cinco espazos diferenciados: o parque de atraccións, un acuario, a Näsinneula, un planetario e Koiramäki. Dentro do espazo do parque de atraccións inaugurouse no verán de 2012 o espazo Angry Birds Land e un ano despois Koiramäki. No complexo existen numerosos restaurantes como o restaurante panorámico de Näsinneula. En 2019 tivo un total de 623 000 visitantes durante a tempada de verán, e 681 000 en todo o ano.

Särkänniemi conta con ao redor de 500 traballadores ocasionais e 100 traballadores máis fixos.


3[editar a fonte]

Näsilinna é un palacio neobarroco situado no parque de Näsinpuisto en Tampere, Finlandia. Foi construído por Wilhelm von Nottbeck, fillo de Peter von Nottbeck. Finalizado en 1898, o seu nome orixinal era Milavida. O edificio foi deseñado polo arquitecto Karl August Wrede. Descoñécese o significado e a historia do nome Milavida.

O palacio estivo ligado á familia Nottbeck, que en 1905 vendeuno á cidade de Tampere logo dunha traxedia familiar. Co cambio de proprietarios o seu nome mudou ao actual "Näsilinna" e acolleu o Museo de Häme dende 1908 ata 1997. En 2013 comezaron as obras de restauración do edificio, que se completaron en 2015, cando o edificio abriu de novo as súas portas acollendo o Museo Milavida.

Durante a batalla de Tampere, na guerra civil finlandesa, Näsilinna foi un obxectivo importante para ambos os dous bandos, tendo cambiado de mans tres veces en dous días.


4[editar a fonte]

A igrexa vella de Messukylä (en finés Messukylän vanha kirkko) é un templo evanxélico luterano da cidade de Tampere, Finlandia. Está situada no distrito de Messukylä, ao leste do centro da cidade. Construído na súa meirante parte no século XVI, trátase do edificio máis antigo de Tampere.

Se ben os estudos revelan que a igrexa actual foi construída en torno aos anos 1510 e 1530, as imaxes de santos de madeira conservadas no seu interior datan dos anos 1430 e 1440, polo que se pensa que no mesmo lugar puido existir unha igrexa de madeira case cen anos antes da construción da igrexa de pedra.

Dende a súa construción a igrexa foi obxecto de numerosas modificacións, como a elevación dos seus muros. Antigamente contaba con murais no seu interior que foron cubertos con cal, polo que tan só uns poucos restos restaurados na década de 1950 son visibles na actualidade. Foi neste momento cando se descubriu o auténtico valor da igrexa, que fora abandonada e empregada como corte.


5[editar a fonte]

Satakunnansilta (en galego Ponte de Satakunta) é unha ponte situada no centro da cidade de Tampere (Finlandia), cruzando o Tammerkoski. A ponte forma parate da rúa Satakunnankatu e é empregada tanto como para tráfico rodado como para peóns. A ponte de pedra conta con seis arcos de 17 metros. A ponte ten 11,75 metros de ancho e unha lonxitude de 112,6 metros.

Antes da súa construción existía no mesmo lugar outra ponte estreita de madeira chamada Pikkusilta (en galego Pequena ponte) e construída en 1858 para facilitar o paso das persoas que traballaban na fábrica. Estaba tan próximo á auga que cando o Tammerkoski medraba en primavera non se podía cruzar a ponte cos pés secos. O aumento demográfico impulsou a construción dunha nova ponte que finalmente foi construída entre 1897 e 1900 e inaugurada o 9 de outubro de 1900. En 2013 as varandas da ponte renováronse ao deseño orixinal, e en 2014 as farolas reemprazáronse co deseño orixinal.


6[editar a fonte]

A pista de xeo de Koulukatu (en finés Koulukadun kenttä) é unha pista de xeo situada na rúa Koulukatu, no distrito de Kaakinmaa da cidade de Tampere, Finlandia. Construída en 1956, trátase da primeira pista de xeo artificial construída en Finlandia.

No lugar no que se encontra a pista había tres pistas de tenis da Tampereen Tennisseura que o Ilves solicitou conxelar durante o inverno para a práctica do hóckey sobre xeo. Co tempo instalouse unha pista de xeo artificial que xogou un papel moi importante no desenvolvemento da modalidade.

Ata a construción de Hakametsä os tres equipos máis fortes da cidade (Ilves, KOOVEE e Tappara) disputaron os seus encontros como locais na pista, e durante a década de 1980 foi onde xogou os seus partidos como local o equipo feminino do Ilves.

No recinto téñense xogado clásicos de inverno ao aire libre como o Koulukarun lassikko disputado entre os equipos femininos do Ilves e as Blues de Espoo en 2012.


7[editar a fonte]

Portal:Tampere/Lugar de interese/7

8[editar a fonte]

Portal:Tampere/Lugar de interese/8

9[editar a fonte]

Portal:Tampere/Lugar de interese/9

10[editar a fonte]

Portal:Tampere/Lugar de interese/10