Portal:Segunda Guerra Mundial/Artigo destacado/Arquivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Aquí están todos os artigos destacados no portal Segunda Guerra Mundial:

1[editar a fonte]

Patrulla de esquiadores fineses o 12 de xaneiro de 1940.

A Guerra de Inverno foi un conflito militar entre a Unión Soviética e Finlandia. Comezou cunha ofensiva soviética o día 30 de novembro de 1939 (dous meses despois do inicio da segunda guerra mundial e da invasión soviética de Polonia), e rematou o 13 de marzo de 1940, coa sinatura do Tratado de paz de Moscova. Finlandia cedeu o 11% dos seus territorios previos á guerra e o 30% dos seus activos económicos á Unión Soviética. As perdas no Exército Vermello foron moi altas, o que repercutiu na reputación internacional do país. As forzas soviéticas non cumpriron o seu obxectivo de conquistar completamente Finlandia, pero gañaron terreo substancial ao longo do lago Ladoga e territorio no norte do país. Os fineses, pola súa parte, conservaron a súa soberanía e melloraron a súa reputación internacional.


2[editar a fonte]

Un infante de Mariña da 1.ª División abre fogo cun subfusil Thompson, mentres o seu compañeiro se cobre.

A Batalla de Okinawa foi o maior asalto anfibio na Guerra do Pacífico. Librouse na illa de Ryukyu de Okinawa e combateuse durante 82 días, desde principios de abril até mediados de xuño de 1945.

O obxectivo principal da operación era apoderarse da gran illa de Okinawa a só 340 km de distancia do Xapón. Coa táctica do island hopping, os Aliados aproximáronse ao Xapón, e planearon utilizar Okinawa como base para as operacións aéreas para invadir o territorio xaponés. Finalmente os bombardeos atómicos sobre Hiroshima e Nagasaki e a entrada soviética na guerra provocaron a rendición do Xapón tan só unhas semanas despois da fin dos combates en Okinawa.


3[editar a fonte]

Soldados estadounidenses erguendo a súa bandeira en Iwo Jima o 23 de febreiro de 1945.

A batalla de Iwo Jima, denominada en clave «Operación Detachment», é o nome que recibe un dos combates máis sanguentos da Segunda Guerra Mundial, librado na illa de Iwo Jima entre as forzas do exército estadounidense e as do Imperio do Xapón de febreiro a marzo de 1945, durante a Guerra do Pacífico (1937-1945).

Ao final dos combates, os estadounidenses lograron conquistar a illa e controlar os seus importantes campos de aviación, aínda que, durante a cruenta batalla, atopáronse cunha resistencia extrema dos xaponeses, resistencia que supuxo a morte da maioría dos seus combatentes.

No cumio do monte Suribachi da illa, aos poucos días do inicio dos combates, o xornalista Joe Rosenthal tomou unha das imaxes máis difundidas da Segunda Guerra Mundial, titulada Raising the Flag on Iwo Jima, galardoada co premio Pulitzer, na que se observa a varios soldados poñendo o mastro co que erixiron a bandeira estadounidense naquel lugar.


4[editar a fonte]

Trinity shot color.jpg

O Proxecto Manhattan foi un proxecto de investigación e desenvolvemento levado a cabo durante a segunda guerra mundial que produciu as primeiras armas nucleares, liderado polos Estados Unidos co apoio do Reino Unido e do Canadá. Dende 1942 ata 1946 o proxecto estivo baixo a dirección do xeneral Leslie Groves, mentres que o físico nuclear Robert Oppenheimer foi o director do Laboratorio de Los Alamos no que se deseñaron as propias bombas nucleares. Desenvolvéronse dous tipos de bombas atómicas de forma concorrente durante a guerra: unha arma de fisión de tipo balístico relativamente sinxela e unha arma nuclear de implosión de maior complexidade. O deseño de fisión da bomba Thin Man resultou ser pouco práctico para o seu uso con plutonio, polo que se desenvolveu unha arma máis sinxela denominada Little Boy que utilizaba uranio-235, un isótopo que constitúe só o 0,7% do uranio en estado natural.

O primeiro artefacto nuclear detonado foi unha bomba de implosión na proba Trinity. Dúas outras bombas de tipo Little Boy e Fat Man utilizáronse respectivamente un mes despois no bombardeo atómico de Hiroshima e Nagasaki. Nos anos inmediatamente posteriores á guerra o Proxecto Manhattan levou a cabo varias probas de armamento no atol Bikini como parte da operación Crossroads, desenvolveu novas armas, promocionou o desenvolvemento da rede de laboratorios nacionais, apoiou a investigación médica sobre a radioloxía e cimentou as bases da armada nuclear. O proxecto mantivo o control sobre a investigación e produción de armas nucleares estadounidenses ata a formación da Comisión da Enerxía Atómica dos Estados Unidos en xaneiro de 1947.


5[editar a fonte]

Stars & Stripes & Hitler Dead2.jpg

A morte de Adolf Hitler tivo lugar o 30 de abril de 1945 no seu Führerbunker en Berlín. Hitler suicidouse dun disparo de pistola, mentres que a súa muller Eva Braun suicidouse con el por medio da inxestión de cianuro. Esa mesma tarde, seguindo instrucións previas de Hitler, os seus restos foron levados fóra do búnker pola saída de emerxencia, e tras botarlles gasolina foron queimados no xardín da chancelería do Reich. Os rexistros soviéticos indican que os seus restos queimados foron recuperados e enterrados sucesivamente en varios lugares ata 1970, cando foron exhumados de novo, incinerados e as súas cinzas foron espalladas.

Os diversos recontos do feito difiren na causa da morte. Un indica que faleceu só por inxerir un veleno mentres que outro indica que faleceu disparándose a si mesmo mentres inxería unha cápsula de cianuro. Os historiadores contemporáneos rexeitaron estes recontos por ser ou ben propaganda soviética ou un intento de compromiso para reconciliar as distintas conclusións. Segundo unha testemuña o corpo tiña sinais de ter recibido un disparo a través da boca, mais isto probouse como pouco probable. Existe tamén unha controversia con respecto á autenticidade dos fragmentos de mandíbula e cranio que foron recuperados. No ano 2009 investigadores estadounidenses levaron a cabo unha análise de ADN no cranio que os oficiais soviéticos crían que era de Hitler. As probas e o exame dos restos revelaron que o cranio pertencía a unha muller de menos de 40 anos de idade, e os fragmentos de mandíbula recuperados non foron analizados.


6[editar a fonte]

Povstalecka kolona.jpg

A Insurrección nacional eslovaca (en eslovaco: Slovenské národné povstanie, abreviado SNP) ou Levantamento de 1944 foi unha insurrección armada organizada polo movemento de resistencia eslovaco durante a segunda guerra mundial en contra do Goberno eslovaco aliado ao Terceiro Reich. O levantamento resultou un fracaso e os alemáns conseguiron sufocalo logo de dous meses de dura loita, mais a guerrilla continuou combatendo as forzas de ocupación ata a chegada do Exército Soviético a Eslovaquia en 1945.

O acoso partisano ás forzas alemás e a situación en Europa oriental precipitaron o alzamento ante a chegada de unidades alemás ao territorio eslovaco a finais de agosto. O papel principal no alzamento non o tiveron, con todo, as unidades partisanas, senón as do Exército regular eslovaco que se rebelaron contra o Goberno de Jozef Tiso. Comezou o 29 de agosto de 1944 na localidade de Banská Bystrica co obxectivo de expulsar do poder o Goberno colaboracionista de Jozef Tiso, establecer unha zona gobernada polos insurrectos e favorecer o avance do Exército Vermello a través dos Cárpatos.

Os combates custaron arredor de 10 000 vidas a cada bando. A poboación civil sufriu a dura represión das forzas alemás enviadas a retomar o control do país. O Goberno filoxermano perdeu toda autonomía fronte a Berlín e o país quedou baixo ocupación militar alemá. Logo da guerra, distintas forzas políticas trataron de arrogarse en exclusiva o mérito do levantamento, convertido nun episodio histórico moi polémico.


7[editar a fonte]

Portal:Segunda Guerra Mundial/Artigo destacado/7

8[editar a fonte]

Portal:Segunda Guerra Mundial/Artigo destacado/8

9[editar a fonte]

Portal:Segunda Guerra Mundial/Artigo destacado/9

10[editar a fonte]

Portal:Segunda Guerra Mundial/Artigo destacado/10