Führerbunker
Führerbunker | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
![]() | ||||
Tipo | sistema de infraestrutura subterránea, refuxio antiaéreo e búnker ![]() | |||
Conservación | derruído ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario/a | Alemaña nazi ![]() | |||
Arquitecto/a | Albert Speer e Hochtief ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1944 ![]() | |||
Demolición | 5 de decembro de 1947 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Alemaña | |||
Sede | Berlín ![]() | |||
[ Wikidata ] |

O Führerbunker ([ˈfyːrərˈbʊŋkɐ]) era un refuxio antiaéreo que se atopaba preto da chancelería do Reich en Berlín, Alemaña. Formou parte do complexo de búnker subterráneo construído en dúas fases en 1936 e 1944. Foi o derradeiro dos Cuarteis Xerais do Führer (Führerhauptquartiere) empregados por Adolf Hitler durante a segunda guerra mundial.
Hitler fixou a súa residencia no Führerbunker o 16 de xaneiro de 1945, e converteuse no centro do réxime nazi até a última semana da segunda guerra mundial en Europa. Hitler casou alí con Eva Braun a última semana de abril de 1945, pouco antes de que cometesen suicidio.
Despois da guerra, tanto o antigo como o novo edificio da chancelería foron derrubados polos soviéticos. O complexo subterráneo permaneceu imperturbable até 1988–89, malia algúns intentos de demolición. As seccións escavadas do antigo complexo de búnkeres foron destruídas na súa maioría durante a reconstrución desa zona de Berlín. O lugar permaneceu sen marcar até 2006, cando se instalou unha pequena placa cun diagrama esquemático. Algúns corredores do búnker aínda existen, pero están pechados ó público.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Führerbunker ![]() |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Shuger, Scott; Berger, Donald (21 de xuño de 2006). Slate Magazine, ed. "Hitler Slept Here: The too-secret history of the Third Reich's most famous place".
- Bunkermuzeum – Guide to military museums of Europe Arquivado 28 de outubro de 2018 en Wayback Machine. (en inglés)
- Imaxes 3D da chancelería