Black Elk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Black Elk
Nacementodecembro de 1863
Lugar de nacementoLittle Powder River, Wyoming
Falecemento19 de agosto de 1950 (87 anos)
Lugar de falecementoReserva india de Pine Ridge, Dacota do Sur
SoterradoManderson-White Horse Creek
EtniaPobo lakota
RelixiónIgrexa católica
OcupaciónCurandeirismo, Heyoka, Xefe tribal e healer
Na rede
WikiTree: Lakota-30 Find a Grave: 83920654 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Heȟáka Sápa (Black Elk) (en galego Alce Negro), nado en decembro de 1863 e finado o 19 de agosto de 1950, foi un famoso Wičháša Wakȟáŋ (médico ou home santo) dos Oglala Lakota (Sioux). Foi un Heyoka e primo segundo de Cabalo Tolo.

Con 12 anos participou na batalla de Little Bighorn de 1876, e foi ferido no Masacre de Wounded Knee en 1890. Black Elk casou coa súa primeira muller, Katie War Bonnett, en 1892. Ela converteuse ó catolicismo e os seus tres fillos foron bautizados. Despois da morte da súa esposa en 1903, Black Elk tamén foi bautizado, tomando o nome de Nicholas Black Elk, e continuando como líder espiritual da tribo, xa que el no vía contradición entre as tradicións tribais e o cristianismo.

En 1905 volveu casar, cunha viúva con dúas fillas de nome Anna Brings White, e coa que tivo tres fillos máis. permanecendo con ela ata que morreu en 1941.

Cara a fin da súa vida, Black Elk contou a historia da súa vida e un bo número de rituais sagrados Sioux a John Neihardt e a Joseph Epes Brown para que fose publicado. As súas narracións obtiveron un considerable interese por parte do público.

Libros[editar | editar a fonte]

Libros de Black Elk
Libros sobre Black Elk

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]