Saltar ao contido

Platichthys flesus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Platichthys flesus
Solla, platuxa das pedras
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Pleuronectidae
Subfamilia: Pleuronectinae
Xénero: Platichthys
Especie: P. flesus
Nome binomial
Platichthys flesus
(Linnaeus, 1758)
Platichthys flesus.
Platichthys flesus, xuvenil.

Platichthys flesus Linnaeus, 1758, é un peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia do pleuronectinos, pertencente ao xénero Platichthys,[1] coñecida en galego como solla,[2] e tamén como platuxa das pedras,[3] que vive nas costas do Atlántico, sobre fondos areosos ou fangosos, ás veces de grava, desde o mar de Barents até noroeste de África e no Mediterráneo, até o mar Negro.[4]

Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, ten o corpo aplanado, asimétrico, e os dous ollos situados no mesmo lado, na cara pigmentada.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae baixo o nome de Pleuronectes flesus.[1][5]

Sinonimia

[editar | editar a fonte]

Ao longo da historia foi coñecida polos seguintes sinónimos:[1]

  • Flesus vulgaris Moreau, 1881
  • Platessa carnaria Brown, 1830
  • Platessa glabra Rathke, 1837
  • Platichthys flesus bogdanovi (Sandeberg, 1878)
  • Platichthys flesus flesus (Linnaeus, 1758)
  • Platichthys flesus luscus (Pallas, 1814)
  • Platichthys flesus marmorata Nordmann, 1840
  • Platichthys flesus trachurus (Duncker, 1892)
  • Pleuronectes bogdanovii Sandeberg, 1878
  • Pleuronectes flesoides Pontoppidan, 1766
  • Pleuronectes flesus Linnaeus, 1758 (nome orixinal)
  • Pleuronectes flesus baltica Suvorov, 1925
  • Pleuronectes flesus caninensis Suvorov, 1929
  • Pleuronectes flesus leiurus Duncker, 1892
  • Pleuronectes flesus luscus Pallas, 1814
  • Pleuronectes flesus septentrionalis Berg, 1949
  • Pleuronectes flesus septentrionalis Surorov, 1925
  • Pleuronectes flesus trachurus Duncker, 1892
  • Pleuronectes italicus Günther, 1862
  • Pleuronectes luscus Pallas, 1814
  • Pleuronectes passer Linnaeus, 1758
  • Pleuronectes roseus Shaw, 1796

Características

[editar | editar a fonte]
Ilustración das caras cega e pigmentada de Platichthys flesus na obra de Marcus Eliser Bloch Ichtyologie ou histoire naturelle générale et particulière des Poissons (1785-1797).
Individuo novo.

Os principais caracteres morfolóxicos desta especie son:[2][4]

  • Corpo de forma oval, coa pel con verrugas óseas ao longo da liña lateral.
  • Así mesmo pesenta escamas rugosas na base das aletas dorsal e anal.
  • Pode chegar até case os 60 cm de lonxitude como máximo, e máis dos 2,5 kg de peso, aínda que raramente se capturan espécimes de máis de 40 cm de longo e 1 kg de peso.
  • A boca é pequena, con dentes cónicos fortes nas placas farínxeas, que son óseas e cortantes.
  • A aleta dorsal comeza á altura do ollo superior, e a anal detrás da base da aleta pectoral. Os raios centrais de ambas as dúas aletas son de maior tamaño que as demais, o que lle dá ao corpo do peixe unha foma romboidal.
  • A aleta audal é grande, co bordo posterior truncado ou arredondado.
  • A coloración da cara pigmentada é apardazada ou verdosa, con manchas irregulares claras e escuras.
  • Como particularidade desta especie, habitualmente ten os ollos no lado dereito, pero nalgunhas partes da súa área de distribución máis dun terzo dos individuos téñenos no esquerdo.

Hábitat e bioloxía

[editar | editar a fonte]

Esta especie vive preferentemente sobre fondos areosos de 20 a 40 m de profundidade. Soporta moi ben as diferenzas de salinidade, chagando a entrar en ocasións en zonas de auga doce. Aliméntase de puenos peixes, moluscos e crustáceos. Reprodúcese en primavera en zonas profundas e de alta salinidade.[2][4]

Estado de conservación

[editar | editar a fonte]

Segundo a UICN o status da especie na actualidade está cualificado como LC (pouco preocupante).[6]

En Galicia

[editar | editar a fonte]

A primeira cita en augas de Galicia débese a De Buen, en 1935, como Flesus flesus.[2]

  1. 1,0 1,1 1,2 Platichthys flesus (Linnaeus, 1758) no WoRMS.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Rodríguez Villanueva et al. (1995), pp. 300-301.
  3. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 82.
  4. 4,0 4,1 4,2 Muus, Bent J. et al (1998), pp. 268-260.
  5. Linnaeus, C. (1758): Systema Naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Editio decima, reformata. Laurentius Salvius: Holmiae.
  6. Platichthys flesus na Lista vermella da UICN.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]