Saltar ao contido

Pleuronéctidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pleuronéctidos
Pleuronectidae

Pleuronectes platessa
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Pleuronectidae
Cuvier, 1816
Xéneros e Especies
  • Véxase o texto

A dos pleuronéctidos (Pleuronectidae) é unha familia de peixes teleósteos acantopterixios da orde dos pleuronectiformes.

Comprende numerosas especies principalmente mariñas, aínda que algunhas son habitantes de estuarios e incluso dos ríos, que están distribuídas por todos os océanos.[1]

O seu nome deriva do do seu xénero tipo, Pleuronectes, co sufixo do latín científico -idae, propio dos nomes das familias de animais. Pola súa parte, Pleuronectes deriva dos termos do grego antigo πλευρά pleurá, "costado", "lado", "flanco" e νηκτόν nēktón "acto de nadar", "natación", derivado do verbo νήχειν nḗchein, "nadar", pola forma característica de nadar de lado.

A maioría das súa especies viven sobre o fondo mariño, e teñen os ollos situados no costado dereito.[2]

Os pleuronéctidos apareceron por pormeira vez no rexistro fósil no paleoceno, hai uns 65 millóns de anos, durante o paleóxeno ou terciario temperán.[3][4]

Case todas as especies da familia teñen importancia pesqueira, entre eles as sollas e os fletáns ou hipoglosos.

Morfoloxía

[editar | editar a fonte]
Pleuronectes platessa
Platichthys flesus
Microstomus kitt
Parophrys vetulus
Hippoglossus hippoglossus

Teñen ambos os ollos normalmente no lado dereito, o preopérculo cunha marxe libre, aletas sen espiñas, coa dorsal estendéndose sobre a cabeza; a vexiga natatoria está ausente nos adultos.[1]

O lado que mostran cara a arriba está pigmentado, tendo a capacidade de realizar espectaculares cambios de cor co obxecto de confundirse co fondo mariño onde se apoia, chegando incluso a imitar os debuxos das pedras e outros trazos.[1]

Hábitat e reprodución

[editar | editar a fonte]

Son depredadores bentónicos de peixes e invertebrados, algúns, como o halibut, en fondos de máis de 1000 m.[1]

Son desovadores peláxicos con abandono da posta; os ovos non teñen depósito de aceite na xema.[1]

Sistemática

[editar | editar a fonte]

Segundo o ITIS

[editar | editar a fonte]

Segundo o Sistema Integrado de Información Taxonómica (ITIS), a familia dos pleuronéctidos tería 21 xéneros agrupados en 5 subfamilias:[5]

Segundo a FishBase e o WoRMS

[editar | editar a fonte]

Segundo o sistema FishBase, na familia dos pleuronéctidos entrarían como subfamilias unha serie de taxons que no sistema ITIS son considerados como familias á parte, máis concretamente as subfamilias dos Paralichthodinae, Poecilopsettinae e Rhombosoleinae,[6] polo que habería uns 40 xéneros e máis de 100 especies agrupadas nas seguintes 4 subfamilias:[1]

Nota: o WoRMS admite, ademais, o xénero Lyospsetta (que tamén admite o SIIT), dentro da subfamilia dos Pleuronectinae.[7]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Ne York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  2. Pleuronectidae en FishBase.
  3. Chapleau, François & Amaoka, Kunio (1998), en Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N., eds. Encyclopedia of Fishes. San Diego: Academic Press. ISBN 0-12-547665-5.
  4. Berg, L. S. (1958): System der rezenten und fossilen Fischartigen und Fische. Berlin: VEB Verlag der Wissenschaften.
  5. Pleuronctidae no ITIS.
  6. Cooper, J. A. & F. Chapleau (1998): "Monophyly and intrarelationships of the family Pleuronectidae (Pleuronectiformes), with a revised classification". Fish. Bull., U.S., 96 (4): 686-726.
  7. Pleuronectidae Rafinesque, 1815 no WoRMS.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
  • Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5.
  • Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.
  • Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]