Platichthys

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Platichthys stellatus.
Platichthys stellatus.

Platichthys é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia do pleuronectinos.[1]

Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, as especies deste xénero teñen o corpo aplanado, asimétrico, e cos dous ollos situados no lado pigmentado do corpo.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1854 polo médico e zoólogo estadounidense de orixe francesa Charles Frédéric Girard.[1]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ao longo do tempo foi coñecido polos sinónimos:[1]

  • Flesus Moreau, 1881
  • Passer Klein, 1775

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Girard tirou o nome Platichthys dos termos do grego antigo πλατύς platýs, "plano", e ἰχθύς, ǐchthýs, "peixe", literalmente: "peixe plano".

Especies[editar | editar a fonte]

Segundo o WoRMS, e a FishBase, o xénero abrangue tan só dúas especies:[1][2]

Controversia[editar | editar a fonte]

Porén, o SIIT admite unha terceira:[5] Platichthys bicoloratus (Basilewsky, 1855), que a maioría dos autores non consideran válida, e que o WoRMS identifica con Kareius bicoloratus (Basilewsky, 1855) especie que, así e todo, hibridiza con Platichthys stellatus.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Platichthys Girard, 1854 no WoRMS.
  2. Especies de Platichthys na FishBase.
  3. Rodríguez Villanueva, X. L.; Xavier Vázquez e Henrique Álvarez Escudero (1995): Peixes do mar de Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2, pp. 300-301.
  4. 4,0 4,1 Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8.
  5. Platichthys no SIIT.
  6. Morrow, J. E. (1980): The freshwater fishes of Alaska. Vancouver, Canadá: University of British Columbia. Animal Resources Ecology Library.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, Missouri, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
  • Cooper, J. A. & F. Chapleau (1998): "Monophyly and intrarelationships of the family Pleuronectidae (Pleuronectiformes), with a revised classification". Fish. Bull. 96 (4): 686-726.
  • Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]