Saltar ao contido

Piñeiro rubio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pinus sylvestris»)
Piñeiro rubio
Pinus sylvestris
Carl von Linné 1753 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Nome curto
P. sylvestris Editar o valor en Wikidata
Características
 Tipo de follaxe
 Fonte de
Conservación
Localización
 Área de distribución
Diagrama de tamaño
Clasificación taxonómica
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
ReinoPlantae
DivisiónPinophyta
ClasePinopsida
OrdePinales
FamiliaPinaceae
XéneroPinus
SubxéneroPinus
EspecieP. sylvestris
Identificadores
Freebase/m/018tjk Editar o valor en Wikidata
MeSHD041605 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2779128174 Editar o valor en Wikidata
UNIIVP00HZL9IC Editar o valor en Wikidata
ITIS183389 Editar o valor en Wikidata
OTT568619 Editar o valor en Wikidata
UICN42418 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

O piñeiro rubio ou piñeiro silvestre[1] (Pinus sylvestris L.) é unha árbore ximnosperma da familia das pináceas, de folla perenne. As acículas son moi curtas en comparación co piñeiro bravo (de 4 a 6 cm de lonxitude), ao igual que as piñas (de 5 a 6 centímetros). Os piñóns raramente pasan os 5 mm e a súa á abrangue entre os 12 e 17 mm. Recibe o seu nome común da cor encarnada da súa casca na parte superior do tronco (nas partes máis baixas ten tonalidade parda), a súa principal característica distintiva.

Especie clímax en Galiza no Cuaternario, na actualidade só se atopa nas zonas máis altas grazas a labores de repoboación. A súa madeira é de boa calidade.

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

Árbore moi común no Hemisferio Norte, estendéndose por Eurasia en rexións relativamente frías. Vai dende Escocia (tamén chamado piñeiro de Escocia) e a Península Ibérica polo oeste até Siberia e as montañas do Cáucaso polo leste, e dende Laponia polo norte até Serra Nevada polo sur. No norte da súa distribución espállase dende o nivel do mar até os 1.000 m, mentres que no sur se desenvolve nas montañas en altitudes comprendidas entre os 800 e os 2.400 msnm. Atópase cultivado amplamente en Nova Zelandia e en moitas das rexións máis frías de América do Norte. Atópase catalogado como unha "especie invasora" nalgunhas zonas norteamericanas, nas que se inclúe Ontario e Wisconsin.

As follas do piñeiro rubio fican helicoidalmente tortas e van unidas en parellas por unha vaíña.
A casca do Pinus sylvestris é arroibada na parte alta do toro.
Monte alto de piñeiro rubio na chaira padana, no norte de Italia. Aí o piñeiro rubio medra en terreos pobres e bastante secos, mentres que en terreos fértiles e frescos hai carballeiras.

Descrición

[editar | editar a fonte]
Conos maduros abertos e sementes.

O piñeiro rubio pode acadar os 30 m de altura por uns 5 metros de circunferencia, chegando a crecer 6 metros de alto en 10 anos. A súa copa é de forma cónica de novo para despois de adulto pasar a ser irregular, larga e deprimida, de novo presenta un tronco vestido que de adulto pasa a ser espido.

As follas son simples, agrupadas de dúas en dúas, aciculares, rexas, punzantes, curtas, de 3 a 7 cm de lonxitude, de sección semicircular, arredondadas no dorso, finalmente dentadas. As flores ou estróbilos femininos son conos de forma oblonga, de cor castaña, apófise pouco saínte, desprovista de umbo espiñento, pequenos, de 3 a 6 cm de longo, reunidos en grupos de 2 a 3, caedizos, xa que apenas maduran. Os piñóns, que son as sementes, son miúdos, dotadas dunha á.

Atura o pleno sol, non así coa sombra; adáptase a todo tipo de solo agás os asolagados mais si os húmidos, mellor canto máis fértiles e profundos que garantes un bo desenvolvemento, resiste a seca. Non atura a polución e non vive moito tempo en competencia con outras especies que o superen en altura. Resiste invernos moi fríos.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Pinus sylvestris foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 1000. 1753.[2]

Etimoloxía

O seu nome xenérico procede do latín pinus (piñeiro). O nome específico sylvestris: epíteto latino que significa "dos bosques, silvestre, bravo".[3]

Sinonimia
  • Pinus binatofolio Gilib.
  • Pinus borealis Salisb.
  • Pinus cretacea Kalen.
  • Pinus ericetorum Thore
  • Pinus erzeroomica Calvert ex Gordon
  • Pinus fominii Kondr.
  • Pinus frieseana Wich.
  • Pinus genevensis Carrière
  • Pinus genovensis Garsault
  • Pinus hagenaviensis K.Koch
  • Pinus krylovii Serg. & Kondr.
  • Pinus lapponica (Hartm.) Mayr
  • Pinus montana Hoffm.
  • Pinus mughus Jacq.
  • Pinus resinosa Savi
  • Pinus rigensis Loudon
  • Pinus rubra Mill.
  • Pinus scariosa Lodd. ex Loudon
  • Pinus tartarica Mill.[4][5]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Vocabulario forestal (galego-español-inglés), p. 164 (USC, 2012). Recolle como sinónimos piñeiro rubio e piñeiro silvestre.
  2. "Piñeiro rubio". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 11 de abril de 2013.
  3. En Epítetos Botánicos
  4. "Piñeiro rubio". World Checklist of Selected Plant Families. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2013. Consultado o 11 de abril de 2013.
  5. Piñeiro rubio en PlantList

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]