Calidris

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Calidris é un xénero de aves caradriformes da familia dos escolopácidos.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1804 polo naturalista e zoólogo alemán, especialista en ornitoloxía e herpetoloxía, Blasius Merrem.[1][2]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome científico Calidris está tirado do grego antigo καλυδρίς calydrís, termo empregado por Aristóteles para designar algunhas aves acuáticas de cor gris.[3]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmante válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]

  • Acrolia Vieillot in Temminck, 1830
  • Actidromas Giebel, 1872
  • Actodromas Kaup, 1829
  • Ancylocheilus Kaup, 1829
  • Ancylochilus Agassiz, 1846
  • Anteliotringa Mathews, 1913
  • Aphriza Audubon, 1839
  • Canutus Brisson, 1760
  • Canutus Merrem, 1804
  • Crocethia Billberg, 1828

Especies[editar | editar a fonte]

No xénero recoñécense as seguintes 24 especies:[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

Estas aves forman grandes bandadas mixtas nas costas e nos estuarios en inverno. Son os típicos "pilros",[4] de tamaño de pequeno a mediano, ás longas e bico relativamente curto.[5]

Os seus bicos tienen puntas moi sensibles que conteñen numerosos corpúsculo de Herbst, o que permite que estas aves localicen presas enterradas na lama, que normalmente buscan con inquietas carreiras e sondaxes.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Calidris Merrem, 1804 no GBIF. Consultado o 1 de setembro de 2021.
  2. 2,0 2,1 2,2 Calidris Merrem, 1804 na BioLib. Consultada o 1 de setembro de 2021.
  3. Jobling, James A (2010): The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4, p. 84.
  4. pirlo, 1ª acep. Arquivado 20 de decembro de 2016 en Wayback Machine. no DiGalego.
  5. 5,0 5,1 Nebel, S.; Jackson, D. L.; Elner, R. W. (2005): "Functional association of bill morphology and foraging behaviour in calidrid sandpipers". Animal Biology 55 (3): 235–243.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]