Saltar ao contido

Pierre Benoit

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPierre Benoit

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de xullo de 1886 Editar o valor en Wikidata
Albi, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte3 de marzo de 1962 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Ciboure (Francia) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCimetière de Socoa (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
15º Cadeira 6 da Academia Francesa (pt) Traducir
11 de xuño de 1931 – 3 de marzo de 1962
← Georges de Porto-RicheJean Paulhan →
58º President of the Société des gens de lettres (en) Traducir
1929 – 1930
← Édouard Estaunié (pt) TraducirGaston Rageot (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor, novelista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1918 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Academia Francesa (1931–1962) Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Premios

Descrito pola fonteSvensk Uppslagsbok (pt) Traducir
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Бенуа Пьер)
Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0072315 Allocine: 15814 Allmovie: p158430
BNE: XX853663 Find a Grave: 202372153 Editar o valor en Wikidata
Cuberta da tradución inglesa de L'Atlantide (1920)

Pierre Benoit, nado o 16 de xullo de 1886 en Albi e finado o 3 de marzo de 1962 en Ciboure, foi un escritor francés, coñecido polas súas novelas de aventuras.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pierre Benoit era fillo de militar de carreira que na data do seu nacemento estaba destinado na cidade de Albi, xa en 1887 destinaron a seu pai a Tunisia e Pierre marchou con seus pais, posteriormente seu pai obtivo destino en Alxeria e alí fixo o futuro escritor o servizo militar. En 1907 estableceuse en Montpellier para preparar unha dobre licenciatura en letras e dereito[1] En Sceaux foi maître d'internat[2] e foi nesta época cando asistiu a conferencias de Charles Maurras e Maurice Barrès que se converteron nos seus referentes ideolóxicos. Contra 1910 comezou a publicar os seus primeiros poemas.

En 1914 publicou a escolma Diadumène. Mobilizado na primeira guerra mundial, despois da batalla de Charleroi caeu gravemente enfermo, tras meses no hospital foi finalmente desmobilizado, a experiencia da guerra transformou a Benoit en pacifista convencido[3]. Despois do armisticio fundou cos seus amigos de antes da guerra, Francis Carco, Roland Dorgelès e Pierre Mac Orlan a asociación Le Bassin de Radoub, que se propuña recompensar o peor libro do ano, a obra elixida en 1919 foi o Tratado de Versalles. Sempre maurrista e próximo ós círculos próximos a Acción Francesa asinou nese ano o manifesto Pour un parti de l'intelligence de Henri Massis. O ano anterior publicara a súa primeira novela Kœnigsmark que tivo un éxito considerable, ó ano seguinte publicou L'Atlantide que foi premiada pola Academia Francesa e que tivo un enorme éxito. Desde 1920 ata a súa morte publicou a un ritmo dun libro por ano, converténdose no mestre francés da novela de aventuras, aínda que tamén publicou doutros xéneros como Mademoiselle de la Ferté (1923), o máis literario e profundo dos seus libros[4].

En 1923 foi a Turquía en calidade de enviado especial de Le Journal, entrevistándose con Mustafa Kemal en Ancara. De 1923 a 1938 e de 1947 a1953, Pierre Benoit exerceu, paralelamente ás súas actividades de escritor, de reporteiro para varios xornais (France-Soir, L'Intransigeant), que o levaron polo Próximo Oriente e Irán (1926-1927), Australia, Tahití e as Antillas (1928), Tunisia (1931), o Líbano (1932), o océano Índico (1933), Austria (1938), a Arxentina e o Brasil (1950) etc.

En 1929 a Société des gens de lettres elixiu a Benoit como o seu presidente e en 1931 a Academia Francesa elixiuno como novo membro. Durante o réxime de Vichy, a pesar das simpatías por Pétain, non colaborou co réxime debido ó nacionalismo antialemán de Benoit, e este retirouse ás súas terres de Quercy. Detido en 1944 por colaboracionista foi liberado seis meses despois libre de toda sospeita pero prohibíronlle publicar durante dous anos. Por intervención de Jean Paulhan e Louis Aragon o seu nome retirouse da lista negra.

  1. Edmond Jouve e Charles Saint-Prot, « Pierre Benoit (1886-1962) » en Pierre Benoit témoin de son temps, Albin Michel, París, 1991, p.19.
  2. Un maître d'internat realiza funcións temporais non docentes nos centros de ensino franceses Estatuto Arquivado 06 de decembro de 2006 en Wayback Machine.
  3. Gilbert Pilleul, « Pierre Benoit et l'Europe », en Pierre Benoit témoin de son temps, p.53.
  4. Jouve e Saint-Prot, art. cit., p.21