Saltar ao contido

Pica campestre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pica campestre
Anthus campestris
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome curto
A. campestris Editar o valor en Wikidata
 Categoría taxonómica
 Combinación orixinal
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdePasseriformes
FamiliaMotacillidae
XéneroAnthus
EspecieAnthus campestris Editar o valor en Wikidata
(Linnaeus, 1758) Anthus campestris Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Masa
 Tamaño da niñada
   4,2 Editar o valor en Wikidata
Datas
 Período de incubación
12 d Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/01xz3_ Editar o valor en Wikidata
ITIS558640 Editar o valor en Wikidata
OTT695343 Editar o valor en Wikidata
UICN22718501 Editar o valor en Wikidata
CoL67KDW Editar o valor en Wikidata
EOL45513740 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

A pica campestre,[1] Anthus campestris, é unha especie de ave paseriforme da familia dos motacílidos pertencente ao xénero Anthus.[2]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1758 por Linneo na páxina 166 do Tomo 1º do seu Systema Naturae baixo o nome de Alauda pratensis.[2]

Sinónimo

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido coñeceuse tamén como:[2]

Subespecies

[editar | editar a fonte]

Recoñécense dúas subespecies:[2]

  • Anthus pratensis pratensis Linnaeus, 1758
  • Anthus pratensis whistleri Clancey, 1942

Características

[editar | editar a fonte]

Ten unha lonxitude duns 16 cm. Caracterízase pola súa cola relativamente longa, as patas longas é unha liña ocular clara. A súa parte superior é brillante, case totalmente da cor da area con algunhas manchas máis escuras nas ás. A parte inferior é máis clara, en xeral sen raias. A liña de cor crema de sobre dos ollos é moi notoria.

Aliméntanse principalmente de insectos, aínda que comen tamén sementes.

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

A súa ampla área de distribución na época a reprodución abarca a metade occidental da rexión Paleártica, faltando nas illas Británicas e no norte de Francia.[3]

Cría nun amplo abano de hábitats abertos, como a tundra, páramos e breixais, turbeiras, marismas, dunas, prados costeiross, ladeiras, claros forestais, barbeitos e, ocasionalmente, en terras de cultivo. Powolny et al., (2018) demostraron que ten preferencia polo cultivos de alfalfa e os prados, pero evita os campos de cereais de inverno. No inverno tamén se atopa nas beiras do mar.[4]

É unha ave migratoria que pasa o inverno na África subsahariana, península Arábiga e no oeste do subcontinente indio. É principalmente residente ou migrante parcial en Europa occidental. As aves de Groenlandia e Islandia migran a Europa occidental. As poboacións do norte e do leste son xeralmente migrantes de media distancia.[5] Existen aparentes asociacións de individuos desta especie en cotas elevadas, pendentes frescas e lugares húmidos,[6] , que poden deberse á ecoloxía das súas presas, cuxa abundancia está relacionada positivamente coa humidade do solo e negativamente coa temperatura estival.[7]

Nutrición

[editar | editar a fonte]
Ovos de Anthus campestris

Aliméntase principalmente de invertebrados, pero consome tamén algunhas sementes de plantas no outono e no inverno.[8]

A súa densidade de poboación está asociada positivamente coa abundancia do grou (Grus grus), probabelmente relacionada cun efecto protector contra os depredadores dos niños.[9]

Reprodución

[editar | editar a fonte]

Cría desde finais de marzo até agosto. O niño é unha cunca de herba limpa, forrada de herba e pelo e está oculto entre a vexetación do chan. As postas varían de dous a sete ovos, abrancazados con algunhas manchas castañas, e o tamaño da posta aumenta coa latitude. Choca só a femia. Os polos rompen a casca os 14 días e son alimentados polos pais durante dúas semanas.[5]

Pénsase que a principal causa do descenso da súa poboación é a intensificación das actividades agrícola.[5] Suxeriuse que a eliminación de insectos é prexudicial para as aves insectívoras, como esta especie.[10]

Estado de conservación

[editar | editar a fonte]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) tendo en conta que esta especie ten unha área de distribución extraordinariamente grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel segundo o criterio de tamaño da área de distribución, a extensión e calidade do hábitat, e que o tamaño da súa poboación é moi grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel segundo o criterio de tamaño da poboación, e a pesar de que a tendencia da poboación parece ser decrecente, non se cre que o descenso sexa o suficientemente rápido como para achegarse aos limiares de vulnerábel baixo o criterio de tendencia da poboación, a especie é avaliada como LC (pouco preocupante).[4]

En Galicia

[editar | editar a fonte]

Anthus campestris en Galicia é unha ave de paso. A maior parte das observacións confirmadas concéntranse na metade sur da provincia de Ourense, sobre todo a altitudes entre os 700 e 1 200 m, alcanzando os 1 618 m nos cumios da serra de San Mamede. Algunhas aves tense visto en zonas costeiras da ría de Arousa.[11]

  1. pica campestre (Anthus campestris) en "A Limia". Xunta de Galicia. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. D. X. de Patrimonio Natural.
  2. 1 2 3 4 Anthus pratensis (Linnaeus, 1758) no GBIF. Consultado o 14 de decembro de 2021.
  3. Bernis, F. (1971): Aves migradoras ibéricas. Vol. II, Fascículos 7-8. Madrid: Sociedad Española de Ornitología.
  4. 1 2 BirdLife International (2021): Anthus pratensis na Lista vermella da UICN. Versión 2021-3. Consultada o 12 de decembro de 2921.
  5. 1 2 3 Tyler, S. (2016): Meadow Pipit (Anthus pratensis). En: J. del Hoyo, A. Elliott, J. Sargatal, D. A. Christie & E. de Juana, eds. Handbook of the Birds of the World Alive Volume 9. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-469-6.
  6. Massimino et al. (2020): "Can microclimate offer refuge to an upland bird species under climate change?". Landscape Ecol. 35: 1907–1922.
  7. Pearce-Higgins, J. W. (2010): "Using diet to assess the sensitivity of northern and upland birds to climate change". Clim. Res. 45: 119–130.
  8. Snow, D. W. & Perrins, C. M. (1998): The Birds of the Western Palearctic, Volume 2: Passerines. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-1985-4099-1.
  9. Fraixedas, S., Lindén, A., Husby, M. & Lehikoinen, A. (2020): "Declining peatland bird numbers are not consistent with the increasing Common Crane population". Journal of Ornithology 161 (3): 691–700.
  10. David Douglas, Jonathan D. Groom & Davide Scridel (2020): "Benefits and costs of native reforestation for breeding songbirds in temperate uplands". Biological Conservation 244: 108483.
  11. VV.AA. 1995, p. 481.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]