Piñeiros, Castroncelos, A Pobra do Brollón
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Piñeiros.
| Piñeiros | |
|---|---|
| Parroquia | Castroncelos |
| Concello | A Pobra do Brollón |
| Coordenadas | 42°32′43″N 7°23′12″O / 42.5452903, -7.3866673 |
| Poboación | 27 hab. (2024) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Piñeiros é unha aldea da parroquia de Castroncelos, no concello lugués da Pobra do Brollón, na comarca de Terra de Lemos. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 27 habitantes (11 homes e 16 mulleres)[1].
Está situada no val que se forma na ladeira do castro de Castroncelos, entre A Pobra e A Estación (Empalme).
Aldea gandeira, moitas das súas terras aínda están dedicadas a prado. No cumio do lugar, na leira da Casa de Sargento, érguese un piñeiro manso de gran tamaño.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2024". www.ige.gal. Consultado o 2025-11-01.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Castroncelos
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Castroncelos no concello da Pobra do Brollón (Lugo) | |
|---|---|
|
Castroncelos | O Empalme | Martul | Outeiro | Piñeiros | Vilarmao |