Phalacrocorax capensis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Phalacrocorax capensis
Phalacrocorax capensis en Walvis Bay, Namibia
Phalacrocorax capensis en Walvis Bay, Namibia
Estado de conservación
En perigo
En perigo[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Suliformes
Familia: Phalacrocoracidae
Xénero: ' Phalacrocorax'
Especie: P. capensis
Nome binomial
'Phalacrocorax capensis'
(Sparrman, 1789)[1]
CapeCormorantMap.jpg

P. capensis en Cidade do Cabo, Suráfrica.

Phalacrocorax capensis, xeramenlte chamado corvo mariño do Cabo, é unha especie de corvo mariño endémico da costa suroeste de África.

Reprodúcese en Namibia sur e sueste da Provincia do Cabo, Suráfrica. Cando non está na tempada reprodutora, pode atoparse bastante máis ao norte, ata a desembocadura do río Congo, e esténdese pola costa leste de Suráfrica ata Mozambique. Na década de 1970, a poboación reprodutora estimábase en arredor dun millón de exemplares só en Namibia. Porén, agora a IUCN clasifíca a especie como "en perigo" debido a un rápido declive da poboación experimentado nas últimas tres xeracións.[1]

É unha ave de cor case enteiramente negra brillante, pero na época reprodutora ten un ton máis purpúreo e algunhas plumas brancas na cabeza, pescozo, e zona cloacal. A súa pel gular é dunha cor amarela alaranxada. Unha característica inusual nos corvos mariños é que ten a rexión loreal (entre os ollos e os orificios respiratorios) cuberta de plumas en vez de espida. As ás teñen unha envergadura entre 240 e 280 mm, e o seu peso está entre 0,8 e 1,6 kg, e presenta pouco dimorfismo suxual.

Aliméntanse xeralmente en bandadas, facendo capturas en bancos de peixes a media profundidade, de sardiñas, anchoas, e pequenos ammodítidos. As súas presas son normalmente moito máis pequenas que as da especie simpátrica Phalacrocorax neglectus. Os seus principais depredadores son os chacais Canis mesomelas, que capturan ocasionalmente a adultos mentres están pousados descansando, e aves predadoras que actúan no seu lugar de nidación como o corvo mariño Phalacrocorax carbo, os pelicanos Pelecanus onocrotalus, e as gaivotas Larus dominicanus.

Xunto con algunhas outras especies de corvos mariños, esta especie é clasificada por algunhas autoridades (por exemplo Johnsgaard) no xénero Leucocarbo.

Notas[editar | editar a fonte]

  • Johnsgaard, P. A. (1993). Cormorants, darters, and pelicans of the world. Washington DC: Smithsonian Institution Press. ISBN 1-56098-216-0

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

= Ligazóns externas[editar | editar a fonte]