Phalacrocorax neglectus
Phalacrocorax neglectus | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
En perigo[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Phalacrocorax neglectus (Wahlberg, 1855) |
Phalacrocorax neglectus é unha especie de corvo mariño de mediano tamaño que é endémico de Namibia e do litoral occidental de Suráfrica. Vive nas costas e raramente foi atopado a máis de 15 km en mar aberto.
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha ave de corpo pesado, duns 75 cm de lonxitude. Xeralmente é negra cun brillo broncíneo, aínda que as ás son marróns escuras. Os adultos teñen unha pequena crista na cabeza, e na época reprodutora teñen algunhas plumas brancas na cabeza e parte posterior do dorso, que despois perden.[1] Unha característica de diagnóstico nos adultos é teren ollos claros na cara totalmente negra, mentres que os inmaturos teñen ollos escuros.[2] Carecen da mancha gular laranxa doutras especies da súa zona como Phalacrocorax capensis.
Ecoloxía
[editar | editar a fonte]Come principalmente peixes, pero tamén un dos seus alimentos principais son as lagostas Jasus lalandii, e a súa área de alimentación coincide coas áreas de kelpo onde viven estas lagostas, aínda que tamén comen outros crustáceos e cefalópodos. Entre os peixes que depreda salienta o gobio peláxico Sufflogobius bibarbatus.
As aves poden reproducirse en calquera momento do ano, e poñen dous ou tres ovos brancos nun niño construído con algas con paus e plumas. Viven en colonias, pero aliméntanse soas ou en pequenos grupos.
Conservación
[editar | editar a fonte]A ave é considerada "en perigo" pola IUCN. As poboacións destas aves declinaron abruptamente nas últimas décadas, parcialmente debido á pesca comercial do peixe Sufflogobius bibarbatus do que se alimenta, e en parte polo incremento das molestias humanas, e tamén polo aumento das gaivotas Larus dominicanus, que son depredadoras activas dos ovos e pitos deste corvo mariño, como tamén o son os Pelecanus onocrotalus. Tamén foron afectados por verteduras de petróleo ou capturadas en aparellos de pesca. A poboación mundial é agora probablemente dunhas 2.800 parellas reprodutoras en 2006. As poboacións máis importantes encóntranse nas illas Mercury e Ichaboe de Namibia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 BirdLife International (2013). "Phalacrocorax neglectus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.
- ↑ Princeton Illustrated Checklists-Birds of Southern Africa-Ber Van Perlo, 1999
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- BirdLife Species Factsheet.
- Informe sobre a especie da Unidade de Demografía Animal da Universidade de Cidade do Cabo
- Bank Cormorant - en The Atlas of Southern African Birds.