Petróglifo de Bouza Abadín
Aparencia
| Descrición | |
|---|---|
| Tipo de ben: | Petróglifo/Estación de arte rupestre |
| Categoría do ben: | Inventariado |
| Catálogo: | Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta |
| Código no Catálogo da Xunta: | GA15033008 [1] |
| Estado de conservación: | Bo |
| Cronoloxía: | Idade de Bronce |
| Afeccións | |
| Ten camiño de acceso? | Si |
| Está cuberto de maleza? | Non |
| Está afectado por algunha obra? | Non |
| Atópase en perigo nestes momentos? | Non |
| Locolización | |
| Concello: | Dodro |
| Lugar: | Imo |
O petróglifo de Bouza Abadín[2] é un grupo de varios gravados rupestres en seis penedos nas faldras entre o monte Padronelo e o Carboeiro, a 200 m da aldea de Imo (concello de Dodro). É un conxunto de interese histórico e artístico da Idade de Bronce co código no Catálogo da Xunta; GA15033008.[2] Está constituído por combinacións de círculos concéntricos, cruces, coviñas e figuras zoomorfas moi esquematizadas, dando testemuña das xentes que habitaron esta zona entre os anos 1800 e 600 a. C.
En febreiro de 2011 un grupo de persoas voluntarias, baixo a supervisión dunha arqueóloga, limparon e acondicionaron a estación rupestre.[3][4] Durante a limpeza saíron á luz tres novos gravados que non estaban aínda inventariados.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Bouza Badín". PXOM de Dodro. Consultado o 04-12-2023.
- ↑ 2,0 2,1 Petróglifo de Bouza Abadín na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ "Dodro pone en marcha un proyecto para revitalizar el entorno del petroglifo de Bouza Abadín". El Correo Gallego. 31-01-2011. Arquivado dende o orixinal o 12-05-2014. Consultado o 30-11-2023.
- ↑ "Voluntarios de Dodro limpiarán el petroglifo de Bouza Abadín, en Imo". La Voz de Galicia. 21-01-2011. Consultado o 30-11-2023.
- ↑ "Dodro: a limpeza dos petróglifos de Bouza-Abadín continúa o sábado 12 de febreiro e agárdanse novas sorpresas". Xornalcerto (Blog). 07-02-2011. Consultado o 30-11-2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Petróglifo de Bouza Abadín |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Colectivo A Rula (2021). Os xinetes de Bouza Badín (PDF). Concello de Dodro.