Saltar ao contido

Picapau de dorso branco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Peto de dorso branco»)
Picapau de dorso branco
Dendrocopos leucotos

Macho de D. leucotos

Parella de D. leucotos
Parella de D. leucotos

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Xénero: Dendrocopos
Especie: Dendrocopos leucotos
Área de distribución mundial do peto de dorso branco[2]
Área de distribución mundial do peto de dorso branco[2]

Área de distribución mundial do peto de dorso branco[2]
Área de distribución do peto de dorso branco en Europa e Asia oriental[2]
Área de distribución do peto de dorso branco en Europa e Asia oriental[2]

Área de distribución do peto de dorso branco en Europa e Asia oriental[2]

O picapau de dorso branco[3] (Dendrocopos leucotos) é un peto eurasiático do xénero Dendrocopos.

Descrición

[editar | editar a fonte]

É o máis grande dos petos con pintas do Paleártico occidental, de 24 a 26 cm de longo cunha envergadura alar de 38 a 40 cm e cunha plumaxe similar á do peto real, pero con barras brancas nas ás en vez de pintas, e unha parte inferior do dorso branca. O macho ten a parte superior da cabeza vermella, a femia tena negra.[4]

Distribución

[editar | editar a fonte]

En Europa, viven dúas subespecies: D. l. leucotos, que vive no norte e centro de Europa, e D. l. lilfordi nos Balcáns e Turquía e polo oeste chega aos Pireneos. Outras dez razas viven na rexión cara ao leste ata Corea e o Xapón. É unha ave escasa, xa que necesita grandes extensións de bosque maduro de folla caduca con grandes cantidades de madeira morta aínda en pé ou caída. O seu número diminuíu en Escandinavia. En Suecia, o declive da súa poboación causou que o goberno promulgase a protección da especie no seu Plan de Acción da Biodiversidade nacional.[5] Na estación reprodutora escava un burato para a nidificación duns 7 cm de largo e 30 cm de profundidade no tronco dunha árbore podre. Pon de tres a cinco ovos brancos e incúbaos de 10 a 11 días. Vive predominantemente de escaravellos perforadores da madeira e das súas larvas, así como doutros insectos, noces, sementes e bagas. O tamborileo nos trocos dos machos é moi alto, as chamadas inclúen un débil kiuk e un kweek máis longo.

Subespecies

[editar | editar a fonte]

Hai doce subespecies recoñecidas.[6][7]

  • D. l. leucotos (Bechstein, 1802), a subespecie nomeada, espallada por Eurasia desde Europa do norte, central e do leste ao noroeste de Asia, Corea e Sakhalin.
  • D. l. lilfordi (Sharpe & Dresser, 1871) dos Pireneos a Asia Menor, Cáucaso e Transcaucasia.
  • D. l. tangi (Cheng, 1956) da provincia de Sichuan, no oeste da China.
  • D. l. subcirris (Stejneger, 1886) de Hokkaido, norte do Xapón.
  • D. l. stejnegeri (Kuroda, 1921) do norte de Honshū, Xapón.
  • D. l. namiyei (Stejneger, 1886) do sur de Honshū, Kyushu, Shikoku, Xapón, e a illa de Cheju, Corea
  • D. l. takahashii (Kuroda & Mori, 1920) da illa Ullung (no leste de Corea).
  • D. l. owstoni (Ogawa, 1905) da illa Amami-O-Shima no norte das illas Ryukyu, Xapón.
  • D. l. fohkiensis (Buturlin, 1908) das montañas da provincia de Fujian sueste da China.
  • D. l. insularis (Gould, 1863) de Taiwán.
  • D. l. quelpartensis (Kuroda & Mori, 1918).
  • D. l. uralensis (Malherbe, 1860).
  1. "Dendrocopos leucotos". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 November 2013. 
  2. 2,0 2,1 BirdLife International and NatureServe (2014) Bird Species Distribution Maps of the World. 2014. Dendrocopos leucotos. In: IUCN 2014. The IUCN Red List of Threatened Species. Version 2014.3. http://www.iucnredlist.org. Downloaded on 27 May 2015.
  3. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-07. 
  4. The Birds of the Western Palearctic [Abridged]. OUP. 1997. ISBN 0-19-854099-X. 
  5. National Biodiversity Action Plan of Sweden, Uppsala (1999)
  6. "GlobalTwitcher.com: White-backed Woodpecker Dendrocopos leucotos". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 14 de agosto de 2018. 
  7. "eol Encyclopedia of Life: Dendrocopos leucotos". 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Gorman, Gerard (2004): Woodpeckers of Europe: A Study of the European Picidae. Bruce Coleman, UK. ISBN 1-872842-05-4.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]