Pedro Infante
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (es) Pedro Infante Cruz 18 de novembro de 1917 Mazatlán |
| Morte | 15 de abril de 1957 Mérida |
| Causa da morte | accidente de aviación |
| Lugar de sepultura | Panteón Jardín (en) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Música e filme |
| Ocupación | actor, actor de teatro, actor de televisión, carpinteiro, cantante, actor de cinema, aviador |
| Período de actividade | 1939 |
| Tesitura | Barítono |
| Instrumento | Voz |
| Familia | |
| Cónxuxe | Irma Dorantes |
| Parella | Lupita Torrentera Silvia Pinal |
| Fillos | Lupita Infante Torrentera ( Pedro Infante Torrentera ( |
| Irmáns | Ángel Infante |
| Premios | |
| |
José Pedro Infante Cruz, nado en Mazatlán en 1917 e finado en Mérida en 1957, foi un actor e cantante mexicano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Gozou de enorme sona durante a coñecida como Época de Ouro do Cinema Mexicano, así como tamén foi un dos grandes representantes da música ranchera. A partir de 1939 apareceu en máis de 60 filmes, e dende 1943 gravou aproximadamente 310 cancións. Pola súa actuación na película Tizoc, foi acredor ao Oso de Prata do Festival Internacional de Cinema de Berlín ao mellor actor principal e premio Globo de Ouro á mellor película estranxeira, outorgado pola prensa estranxeira acreditada en Hollywood.
Morreu o 15 de abril de 1957 en Mérida, Iucatán, nun accidente do avión que el mesmo piloteaba rumbo á Cidade de México.
| A Galipedia ten un portal sobre: México |
