Paul Erdős

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPaul Erdős

Erdős en Budapest, 1992.
Nome orixinal(hu) Erdős Pál Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de marzo de 1913
Budapest (Imperio Austrohúngaro) Editar o valor em Wikidata
Morte(20 de setembro de 1996 (83 anos)
Varsovia Polonia Polonia
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemitério judaico da Rua Kozma (pt) Traducir, 17A-6-29 47°28′47″N 19°10′41″L / 47.47966, 19.17803 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaVarsovia (–1996)
Estados Unidos de América (1938–)
Manchester (1934–)
Israel
Hungría
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeHúngaro
Grupo étnicoAsquenací Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Eötvös Loránd
Tese académicaÜber die Primzahlen gewisser arithmetischer Reihen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata (1934 Editar o valor em Wikidata)
Director de teseLipót Fejér Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMatemática
Ocupaciónmatemático Editar o valor em Wikidata
EmpregadorTechnion (pt) Traducir, Professor visitante (pt) Traducir (1954–1996)
Universidade de Notre Dame (pt) Traducir (1952–1954)
Universidade de Purdue (pt) Traducir (1943–1945)
Institute for Advanced Study (1938–1940)
Victoria University of Manchester (en) Traducir (1934–1938) Editar o valor em Wikidata
Membro de
AlumnosGeorge B. Purdy (pt) Traducir, Alexander Soifer (pt) Traducir e Terence Tao Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua húngara e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoBonifac Donat
Joseph Kruskal
George B. Purdy
Alexander Soifer
Béla Bollobás[1]
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor em Wikidata
PaiLajos Erdős (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Wolf Prize (1983/84)
AMS Cole Prize (1951)

IMDB: nm0258818 WikiTree: Erdős-31 Find a Grave: 110929426 Editar o valor em Wikidata

Paul Erdős (húngaro: Erdős Pál [ɛrdøːʃ ˈpaːl], nado en Budapest o 26 de marzo de 1913[2] e finado en Varsovia o 20 de setembro de 1996 foi un matemático húngaro, considerado un dos máis prolíficos do século XX.[3] Foi coñecido tanto pola súa práctica social das matemáticas (tivo máis de 500 colaboradores) e como pola súa excéntrica vida (a revista Time describiuno como o excéntrico dos excéntricos).[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Erdős naceu en 1913 e foi o único fillo sobrevivente de Anna e Lajos Erdős (antes Engländer).[5] Os seus pais eran profesores de matemáticas xudeus e formaban parte dunha intensa comunidade intelectual. A fascinación de Erdos polas matemáticas iniciouse moi cedo[6] e en 1934, con vinte e un anos, recibiu un doutoramento da universidade.

Moita da familia de Erdos, incluíndo o seu pai, dúas das súas tías e dous dos seus tíos, faleceron en Budapest durante o Holocausto. A súa nai sobreviviu agochada e el vivía en América, traballando no Instituto de Estudos Avanzados de Princeton.[7]

O 20 de setembro de 1996, aos 83 anos, sufriu un infarto de miocardio e morreu mentres asistía a unha conferencia en Varsovia. Está enterrado xunto á súa nai na tumba 17A-6-29 no cemiterio da rúa Kozma en Budapest.[8]

Carreira[editar | editar a fonte]

En 1934 mudouse a Manchester como profesor invitado e en 1938 aceptou un posto na Universidade de Princeton. Nese tempo desenvolveu o costume de viaxar de campus a campus. En 1952 o servizo de inmigración dos Estados Unidos denegoulle un visado de reentrada no país por razóns que non foron explicadas. [9]

Counter-clockwise from left: Erdős, Fan Chung e o seu marido Ronald Graham no Xapón, 1986

A pesar de que Hungría formaba parte do Pacto de Varsovia e tiña limitada a liberdade dos seus cidadáns para entrar e saír do país, Erdős recibiu o privilexio de poder marchar e volver en 1956. En 1963 os Estados Unidos proporcionáronlle o visado e Erdős volveu incluír as universidades dese país nas súas viaxes. Erdős abandonou voluntariamente Hungría en 1973.[10]

Obra matemática[editar | editar a fonte]

Erdős foi un dos autores máis prolíficos das matemáticas, cunha obra só comparable á de Leonhard Euler; Erdős publicou máis artigos, sobre todo en colaboración con outros matemáticso, mentres que Euler publicou máis páxinas, a maioría obra propia.[11] Erdős escribiu 1525 artigos matemáticos na súa vida.[12]

O seu estilo foi máis un "solucionador de problemas" que un "desenvolvedor de teorías".[13] Segundo Joel Spencer "o seu lugar no panteón matemático do século XX é motivo de controversia porque se concentrou firmemente en certos teoremas e conxecturas ao longo da súa ilustre carreira".[14] Erdős nunca gañou a medalla Fields nin escribiu con ninguén que a gañase.[15]

Entre as súas contribucións destacan o desenvolvemento da teoría de Ramsey e a aplicación do método probabilístico. Erdős atopou unha proba para o postulado de Bertrand e descubriu a primeira proba elemental para o teorema do número primo con Atle Selberg. Porén, as circunstancias que conduciron ás demostracións foron motivo de disputa entre Erdős e Selberg.[16] Erdős tamén contribuíu en campos nos que tiña pouco interese como a topoloxía, dando o primeiro exemplo de espazo totalmente inconexo que non é cero-dimensional.[17]

Os problemas de Erdős[editar | editar a fonte]

Paul Erdős co matemático Terrence Tao cando este tiña dez anos (1985). Tao recibiu a medalla Fields en 2006.

Durante a súa carreira, Erdős ofreceu cartos para as demostracións de problemas con solución descoñecida.[18] A cantidade ía dende os 25 dólares a varios milleiros. Considérase que hai uns miles sen pagar, aínda que non hai unha lista oficial. A oferta permanece activa a pesar da morte de Erdős, e ten a Ronald Graham como o administrador informal.[19] O problema máis coñecido é a conxectura de Collatz ou problema 3N + 1, para o que ofreceu 500 dólares.

Número de Erdős[editar | editar a fonte]

Debido a que era un autor tan prolífico, os seus amigos crearon o número de Erdős como homenaxe. Un número de Erdős indica o grao de separación con Erdős baseado na súa colaboración con el ou con alguén que teña un número de Erdős. Hai aproximadamente 200000 matemáticos con número.[20] Debido ás súas colaboracións con matemáticos, moitos científicos doutros campos, como a física, a enxeñería, a bioloxía e a economía tamén teñen número de Erdős.[21] Mesmo o xogador de béisbol Hank Aaron pode considerarse que ten un número de Erdős de 1 porque ambos os dous autografaron a mesma bóla cando a Universidade de Emory lles concedeu un grao honorario o mesmo día.[22]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Mathematics Genealogy Project". Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2020. Consultado o 13 Aug 2012. 
  2. "Erdos biography". Gap-system.org. Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2011. Consultado o 2010-05-29. 
  3. Hoffman, Paul (8 de xullo de 2013). "Paul Erdős". Encyclopedia Britannica. 
  4. Michael D. Lemonick (March 29, 1999). "Paul Erdos: The Oddball's Oddball". Time Magazine. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2011. Consultado o 07 de maio de 2016. 
  5. Baker, A.; Bollobas, B. (1999). "Paul Erdős 26 March 1913 -- 20 September 1996: Elected For.Mem.R.S. 1989". Biographical Memoirs of Fellows of the Royal Society 45: 147. doi:10.1098/rsbm.1999.0011. 
  6. Hoffman, p. 66.
  7. Csicsery, George Paul (2005). N Is a Number: A Portrait of Paul Erdős. Berlin; Heidelberg: Springer Verlag. ISBN 3-540-22469-6. 
  8. "grave 17A-6-29". Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2016. Consultado o 07 de maio de 2016. 
  9. "Erdos biography". School of Mathematics and Statistics, University of St Andrews, Scotland. January 2000. Consultado o 2008-11-11. 
  10. László Babai and Joel Spencer. "Paul Erdős (1913–1996)" (PDF). Notices of the American Mathematical Society (American Mathematical Society) 45 (1). 
  11. Hoffman, p. 42.
  12. Jerry Grossman. "Publications of Paul Erdös". Consultado o 1 Feb 2011. 
  13. Mathematics: Frontiers and Perspectives, Edited by V. I. Arnold, Michael Atiyah, Peter D. Lax and Barry Mazur, American Mathematical Society, 2000. Available online at [1].
  14. Joel Spencer, "Prove and Conjecture!", a review of Mathematics: Frontiers and Perspectives. American Scientist, Volume 88, No. 6 November–December 2000
  15. Paths to Erdös — The Erdös Number Project
  16. Goldfeld, Dorian (2003). "The Elementary Proof of the Prime Number Theorem: an Historical Perspective". Number Theory: New York Seminar: 179–192. 
  17. Melvin Henriksen. "Reminiscences of Paul Erdös (1913–1996)". Mathematical Association of America. Consultado o 2008-09-01. 
  18. "Math genius left unclaimed sum". edmontonjournal (en inglés). Consultado o 2022-04-25. 
  19. Charles Seife (5 April 2002). "Erdös's Hard-to-Win Prizes Still Draw Bounty Hunters". Science 296 (5565): 39–40. PMID 11935003. doi:10.1126/science.296.5565.39. 
  20. "From Benford to Erdös". Radio Lab. Episodio 2009-10-09. 2009-09-30. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2010. Consultado o 07 de maio de 2016. 
  21. Jerry Grossman. "Some Famous People with Finite Erdös Numbers". Consultado o 1 Feb 2011. 
  22. Jerry Grossman. "Items of Interest Related to Erdös Numbers". Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2015. Consultado o 07 de maio de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]