Saltar ao contido

Paul Erdős

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPaul Erdős

(1992) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de marzo de 1913 Editar o valor en Wikidata
Budapest Editar o valor en Wikidata
Morte20 de setembro de 1996 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Varsovia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério judaico da Rua Kozma (pt) Traducir, 17A-6-29 47°28′47″N 19°10′41″L / 47.47966, 19.17803 Editar o valor en Wikidata
ResidenciaVarsovia (–1996)
Estados Unidos de América (1938–)
Manchester (1934–)
Israel
Hungría
Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo asquenací Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Eötvös Loránd - matemáticas (1930–1934)
Stephen I of Hungary High School (en) Traducir (1926–1930) Editar o valor en Wikidata
Tese académicaÜber die Primzahlen gewisser arithmetischer Reihen (en) Traducir Editar o valor en Wikidata (1934 Editar o valor en Wikidata)
Director de teseLipót Fejér Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeoría da probabilidade, combinatoria, teoría de grafos, teoría de números, teoría de conxuntos, Análise real, xeometría, matemáticas, matemática discreta e análise matemática Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmatemático, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorTechnion – Instituto Tecnolóxico de Israel, profesor visitante (1954–1996)
Universidade de Notre Dame (pt) Traducir (1952–1954)
Universidade Purdue (1943–1945)
Institute for Advanced Study (1938–1940)
Universidade Vitoria de Manchester (1934–1938) Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosGeorge B. Purdy (pt) Traducir, Alexander Soifer (pt) Traducir e Terence Tao Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoJoseph Kruskal, Alexander Soifer (pt) Traducir, Béla Bollobás, George B. Purdy (pt) Traducir, Géza Fodor (pt) Traducir e Bonifac Vazahabe Donat (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
PaiLajos Erdős Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0258818 WikiTree: Erdős-31 Find a Grave: 110929426 Editar o valor en Wikidata

Paul Erdős (húngaro: Erdős Pál [ɛrdøːʃ ˈpaːl], nado en Budapest o 26 de marzo de 1913[1] e finado en Varsovia o 20 de setembro de 1996 foi un matemático húngaro, considerado un dos máis prolíficos do século XX.[2] Foi coñecido tanto pola súa práctica social das matemáticas (tivo máis de 500 colaboradores) e como pola súa excéntrica vida (a revista Time describiuno como o excéntrico dos excéntricos).[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Erdős naceu en 1913 e foi o único fillo sobrevivente de Anna e Lajos Erdős (antes Engländer).[4] Os seus pais eran profesores de matemáticas xudeus e formaban parte dunha intensa comunidade intelectual. A fascinación de Erdos polas matemáticas iniciouse moi cedo[5] e en 1934, con vinte e un anos, recibiu un doutoramento da universidade.

Moita da familia de Erdos, incluíndo o seu pai, dúas das súas tías e dous dos seus tíos, faleceron en Budapest durante o Holocausto. A súa nai sobreviviu agochada e el vivía en América, traballando no Instituto de Estudos Avanzados de Princeton.[6]

O 20 de setembro de 1996, aos 83 anos, sufriu un infarto de miocardio e morreu mentres asistía a unha conferencia en Varsovia. Está enterrado xunto á súa nai na tumba 17A-6-29 no cemiterio da rúa Kozma en Budapest.[7]

En 1934 mudouse a Manchester como profesor invitado e en 1938 aceptou un posto na Universidade de Princeton. Nese tempo desenvolveu o costume de viaxar de campus a campus. En 1952 o servizo de inmigración dos Estados Unidos denegoulle un visado de reentrada no país por razóns que non foron explicadas. [8]

Counter-clockwise from left: Erdős, Fan Chung e o seu marido Ronald Graham no Xapón, 1986

A pesar de que Hungría formaba parte do Pacto de Varsovia e tiña limitada a liberdade dos seus cidadáns para entrar e saír do país, Erdős recibiu o privilexio de poder marchar e volver en 1956. En 1963 os Estados Unidos proporcionáronlle o visado e Erdős volveu incluír as universidades dese país nas súas viaxes. Erdős abandonou voluntariamente Hungría en 1973.[9]

Obra matemática

[editar | editar a fonte]

Erdős foi un dos autores máis prolíficos das matemáticas, cunha obra só comparable á de Leonhard Euler; Erdős publicou máis artigos, sobre todo en colaboración con outros matemáticso, mentres que Euler publicou máis páxinas, a maioría obra propia.[10] Erdős escribiu 1525 artigos matemáticos na súa vida.[11]

O seu estilo foi máis un "solucionador de problemas" que un "desenvolvedor de teorías".[12] Segundo Joel Spencer "o seu lugar no panteón matemático do século XX é motivo de controversia porque se concentrou firmemente en certos teoremas e conxecturas ao longo da súa ilustre carreira".[13] Erdős nunca gañou a medalla Fields nin escribiu con ninguén que a gañase.[14]

Entre as súas contribucións destacan o desenvolvemento da teoría de Ramsey e a aplicación do método probabilístico. Erdős atopou unha proba para o postulado de Bertrand e descubriu a primeira proba elemental para o teorema do número primo con Atle Selberg. Porén, as circunstancias que conduciron ás demostracións foron motivo de disputa entre Erdős e Selberg.[15] Erdős tamén contribuíu en campos nos que tiña pouco interese como a topoloxía, dando o primeiro exemplo de espazo totalmente inconexo que non é cero-dimensional.[16]

Os problemas de Erdős

[editar | editar a fonte]
Paul Erdős co matemático Terrence Tao cando este tiña dez anos (1985). Tao recibiu a medalla Fields en 2006.

Durante a súa carreira, Erdős ofreceu cartos para as demostracións de problemas con solución descoñecida.[17] A cantidade ía dende os 25 dólares a varios milleiros. Considérase que hai uns miles sen pagar, aínda que non hai unha lista oficial. A oferta permanece activa a pesar da morte de Erdős, e ten a Ronald Graham como o administrador informal.[18] O problema máis coñecido é a conxectura de Collatz ou problema 3N + 1, para o que ofreceu 500 dólares.

Número de Erdős

[editar | editar a fonte]

Debido a que era un autor tan prolífico, os seus amigos crearon o número de Erdős como homenaxe. Un número de Erdős indica o grao de separación con Erdős baseado na súa colaboración con el ou con alguén que teña un número de Erdős. Hai aproximadamente 200000 matemáticos con número.[19] Debido ás súas colaboracións con matemáticos, moitos científicos doutros campos, como a física, a enxeñería, a bioloxía e a economía tamén teñen número de Erdős.[20] Mesmo o xogador de béisbol Hank Aaron pode considerarse que ten un número de Erdős de 1 porque ambos os dous autografaron a mesma bóla cando a Universidade de Emory lles concedeu un grao honorario o mesmo día.[21]

  1. "Erdos biography". Gap-system.org. Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2011. Consultado o 2010-05-29.
  2. Hoffman, Paul (8 de xullo de 2013). "Paul Erdős". Encyclopedia Britannica.
  3. Michael D. Lemonick (March 29, 1999). "Paul Erdos: The Oddball's Oddball". Time Magazine. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2011. Consultado o 07 de maio de 2016.
  4. Baker, A.; Bollobas, B. (1999). "Paul Erdős 26 March 1913 -- 20 September 1996: Elected For.Mem.R.S. 1989". Biographical Memoirs of Fellows of the Royal Society 45: 147. doi:10.1098/rsbm.1999.0011.
  5. Hoffman, p. 66.
  6. Csicsery, George Paul (2005). N Is a Number: A Portrait of Paul Erdős. Berlin; Heidelberg: Springer Verlag. ISBN 3-540-22469-6.
  7. "grave 17A-6-29". Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2016. Consultado o 07 de maio de 2016.
  8. "Erdos biography". School of Mathematics and Statistics, University of St Andrews, Scotland. January 2000. Consultado o 2008-11-11.
  9. László Babai and Joel Spencer. "Paul Erdős (1913–1996)" (PDF). Notices of the American Mathematical Society (American Mathematical Society) 45 (1). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de febreiro de 2008. Consultado o 07 de maio de 2016.
  10. Hoffman, p. 42.
  11. Jerry Grossman. "Publications of Paul Erdös". Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2011. Consultado o 1 Feb 2011.
  12. Mathematics: Frontiers and Perspectives, Edited by V. I. Arnold, Michael Atiyah, Peter D. Lax and Barry Mazur, American Mathematical Society, 2000. Available online at .
  13. Joel Spencer, "Prove and Conjecture!", a review of Mathematics: Frontiers and Perspectives. American Scientist, Volume 88, No. 6 November–December 2000
  14. "Paths to Erdös — The Erdös Number Project". Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2018. Consultado o 07 de maio de 2016.
  15. Goldfeld, Dorian (2003). "The Elementary Proof of the Prime Number Theorem: an Historical Perspective". Number Theory: New York Seminar: 179–192.
  16. Melvin Henriksen. "Reminiscences of Paul Erdös (1913–1996)". Mathematical Association of America. Consultado o 2008-09-01.
  17. "Math genius left unclaimed sum". edmontonjournal (en inglés). Consultado o 2022-04-25.
  18. Charles Seife (5 April 2002). "Erdös's Hard-to-Win Prizes Still Draw Bounty Hunters". Science 296 (5565): 39–40. PMID 11935003. doi:10.1126/science.296.5565.39.
  19. "From Benford to Erdös". Radio Lab. Episodio 2009-10-09. 2009-09-30. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2010. Consultado o 07 de maio de 2016.
  20. Jerry Grossman. "Some Famous People with Finite Erdös Numbers". Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2018. Consultado o 1 Feb 2011.
  21. Jerry Grossman. "Items of Interest Related to Erdös Numbers". Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2015. Consultado o 07 de maio de 2016.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]