Bernhard Schlink

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bernhard Schlink
Bernhard Schlink, 2018 (cropped).jpg
Nacemento6 de xullo de 1944
 Bielefeld
NacionalidadeAlemaña
Alma máterUniversidade de Heidelberg, Universidade Libre de Berlín, Kurfürst-Friedrich-Gymnasium (Heidelberg) e Universidade de Freiburg im Breisgau
Ocupaciónxurista, xuíz, escritor, novelista, guionista, profesor universitario e poeta avogado
PaiEdmund Schlink
IrmánsWilhelm Schlink
Coñecido porO Leitor, Flights of love, sen etiquetar e sen etiquetar
PremiosOfficer's Cross of the Order of Merit of the Federal Republic of Germany, Hans Fallada Prize, Friedrich Glauser Award, Deutscher Krimi Preis, Evangelischer Buchpreis e Pak Kyong-ni Prize
editar datos en Wikidata ]

Bernhard Schlink, nado o 6 de xullo de 1944 en Bielefeld, é un escritor e xurista alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1998 foi designado xuíz da corte constitucional do estado federal de Renania do Norte-Westfalia. É profesor de historia da lei na Universidade Humboldt de Berlín dende xaneiro de 2006.

Faceta literaria[editar | editar a fonte]

A súa carreira como escritor encomezou con novelas policíacas; o protagonista era un personaxe chamado Selb (xogo de palabras en alemán co significado de "eu mesmo"); a súa primeura novela chamou Selbs Justiz. Con Die gordische Schleife gañou o premio Glauser en 1989.

En 1995 publicou Der Vorleser, novela parcialmente autobiográfica sobre un adolescente que vive un romance cunha muller adulta, cuxo pasado logo se verá que estivo vinculado aos crimes de guerra na Segunda guerra mundial. O libro converteuse nun éxito de vendas en Alemaña e no estranxeiro; foi traducida a unhas 40 linguas de todo o mundo. Gañou o premio Hans Fallada, o premio Welt, o premio italiano Grinzane Cavour, o francés Laure Bataillon e o Ehrengabe da Sociedade Heinrich Heine de Düsseldorf. En 2008 o director británico Stephen Daldry realizou unha adaptación ao cinema desta obra.

En 2000 publicou unha colección de relatos intitulada Liebesfluchten.

Traducións ao galego[editar | editar a fonte]

A súa obra O retorno, publicada orixinalmente en 2006, foi traducida ao galego por Patricia Buxán e publicada en 2009 pola Editorial Galaxia[1], e integrada na colección Biblioteca Compostela de Narrativa Europea.

Obra[editar | editar a fonte]

  • 1962 Der Andere
  • 1987 Selbs Justiz
  • 1988 Die gordische Schleife
  • 1992 Selbs Betrug
  • 1995 Der Vorleser
  • 2000 Liebesfluchten
  • 2001 Selbs Mord
  • 2006 Die Heimkehr (O retorno)
  • 2008 Das Wochenende
  • 2010 Sommerlügen - Geschichten
  • 2011 Gedanken über das Schreiben - Heidelberger Poetikvorlesungen
  • 2014 Die Frau auf der Treppe

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha na páxina web da editorial.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]