Saltar ao contido

E agora que, homiño?

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
E agora que, homiño?
 Instancia de
 Título
Kleiner Mann – was nun? (de)
Mazais cilvek - ko nu? (lv)
Čoveče, ami sega? (bg)
Po tani o i shkrete? (sq)
Ši akum ... ynkotro? (mo)
Občánku, a co ted'? (cs)
A čo teraz, človiečik? (sk)
Ish katan, le-an? (he)
Pequeño hombre, y ahora qué? (es)
Daha nä, kiçik adam? (az)
I ara què, homenet? (ca)
Mali čoveče, šta sada? (sr)
Quoi de neuf, petit homme? (fr)
E agora, Zé-Ninguém? (pt)
Kai tora, anthropako? (el)
Aç ragasa ikhm, patara kaco (ka)
Čto že dal'še, malen'kij čelovek? (ru)
I cóż dalej, szary człowieku? (pl)
Mikä nyt eteen, Pinneberg? (fi)
Y ahora qué? (es)
Hur skall det gå med Pinnebergs? (sv)
Little Man, what now? (en)
Încotro, omule? Şi acum ce facem, micuţule? (ro)
Küçük adam, ne oldu sana? (tr)
Lille mand - hvad nu? (da)
O kas dabar, mažasis žmogau? (lt)
E adesso, pover' uomo? (it)
Mi lesz veled - emberke? (hu)
Hva nå - lille Mann? (nb)
Wat nu, kleine man? (nl)
Pineberuku, asu wa dosuru!? (ja) Editar o valor en Wikidata
 Forma artística
 Lingua
Obras e produtos
 Obra derivada
Implicados
 Autor/a
Datas
 Data de publicación
1932 Editar o valor en Wikidata
Identificadores
VIAF195963629 Editar o valor en Wikidata
Goodreads454727 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0g21rs Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Obra dispoñible en
Wikidata C:Commons

E agora que, homiño? (alemán: Kleiner Mann – was nun?) é unha novela de Hans Fallada, publicada orixinalmente en xuño do 1932.[1] A obra está ambientada entre o 1930 e o 1932.[1] Foi un éxito inmediato en Alemaña, grazas ás súas vívidas descricións da vida durante o crac do 29 e os primeiros anos da Gran Depresión.

Tras o ascenso de Adolf Hitler no 1933, Fallada tivo que facer modificacións no libro para eliminar calquera referencia negativa aos nazis. Por exemplo, un matón da Sturmabteilung (SA) pasou a ser un seareiro dun equipo de fútbol.

No 2016, publicouse en Alemaña unha edición completa con cen novas páxinas respecto da edición do 1932. Estas páxinas foran retiradas polo editor Ernst Rowohlt, co permiso de Fallada.

O libreiro Johannes Pinneberg e a súa moza, Emma Mörschel, casan ao quedar esta embarazada. Pouco despois, Pinneberg é despedido, polo que ten que buscar un novo traballo no medio dunha crise económica.

A nai de Pinneberg, Mia, que traballa nun club nocturno de Berlín, conséguelle como vendedor nun centro comercial. Porén, Pinneberg ten que cumprir cunhas elevadas cotas mensuais, o que o fai competir cos seus compañeiros. Ao nacer o seu fillo, Horst, as súas necesidades económicas aumentan.

Un ano máis tarde, Pinneberg comeza a ter problemas para alcanzar as cotas no seu traballo, polo que lle suplica ao actor Franz Schlüter, un cliente, que lle merque algo. Este négase, e eleva unha queixa ao xerente do negocio, quen despide a Pinneberg.

Cartel de promoción da película Little Man, What Now? (1934)
Cartel de promoción da película Little Man, What Now? (1934)

En novembro de 1932, a familia decide ocupar a casa de verán dun antigo compañeiro de Pinneberg, a uns 40 quilómetros de Berlín. Malia levar xa 14 meses sen emprego, a súa muller prohíbelle roubar, namentres sobreviven grazas ao seu traballo de costureira. Nunha das súas viaxes a Berlín, debido á súa aparencia desastrada, Pinneberg é perseguido pola policía. A parella decátase de que o amor é o único que realmente importa.

Influencia

[editar | editar a fonte]

Na actualidade, E agora que, homiño? é considerada un clásico moderno da literatura alemá, especialmente pola súa representación dos derradeiros momentos da república de Weimar.

Adaptacións

[editar | editar a fonte]

No 1933, realizouse unha película homónima baixo a censura nazi.[2] Segundo o propio Fallada, o guión tiña pouco que ver coa súa novela. Ao ano seguinte, estreouse unha adaptación estadounidense, co título Little Man, What Now?.[3]

  1. 1 2 Fallada, Hans (2019-09-18). Kleiner Mann - Was nun? (en alemán). BoD – Books on Demand. ISBN 978-3-96542-171-4.
  2. Viertel, Berthold; Wendhausen, Fritz (1933-08-03). "Kleiner Mann - was nun?". Consultado o 2024-05-18.
  3. Borzage, Frank (1934-06-04). "Little Man, What Now?". Consultado o 2024-05-18.