Parque Nacional de Lorentz
Parque Nacional de Lorentz | |
---|---|
![]() | |
localización | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Localización | Coordenadas: 4°45′S 137°50′L / -4.750, -137.833 |
Tipo | Natural |
Criterios | viii, ix, x |
Inscrición | 1999 (23ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Asia |
Identificador | 955 |
O Parque Nacional de Lorentz é un parque nacional que se atopa na provincia de Papúa, en Indonesia, no suroeste de Nova Guinea Occidental. Cunha área de 25 056 km2, é o meirande parque nacional do sueste asiático. En 1999, Lorentz foi declarado un Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
Un exemplo destacado da biodiversidade de Nova Guinea, Lorentz é un dos parques nacionais con máis diversidade ecolóxica do mundo. É a única reserva natural da rexión de Asia-Pacífico que contén unha gama altitudinal completa de ecosistemas que se estenden por áreas mariñas, de mangleiral, de mareas e selva inundable, selva tropical de terra baixa e montaña, tundra alpina e glaciares ecuatoriais. Con 4884 metros, Puncak Jaya (anteriormente coñecida como Carstensz Pyramid) é a montaña máis alta entre o Himalaia e os Andes.
Birdlife International considerou o Parque de Lorentz como “probablemente a máis importante reserva en Nova Guinea”.[1] Contén cinco ecorrexións das "Global 200" do Fondo Mundial para a Natureza: bosques de terras baixas do sur de Nova Guinea; bosques montañosos de Nova Guinea; pasteiros subalpinos da cordilleira central de Nova Guinea; mangleirais de Nova Guinea; e ríos e regatos de Nova Guinea.[2]
O parque de Lorentz contén moitas áreas sen cartografar e inexploradas, e seguramente contén moitas especies de plantas e animais aínda descoñecidos para a ciencia occidental. O coñecemento etnobotánico e etnozoolóxico das comunidades locais sobre a biota de Lorentz tamén está moi pouco documentado.
O parque recibe o nome de Hendrikus Albertus Lorentz, un explorador neerlandés que pasou pola zona na súa expedición de 1909-1910.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Birdlife International, 1999 Arquivado 03 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine., consultado o 14 de maio de 2010
- ↑ WWF Ecoregions, consultado o 14 de maio de 2010
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque Nacional de Lorentz ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Petocz, Ronald G. (1989). Conservation and Development in Irian Jaya. Leiden: E.J. Brill.