Patrimonio das selvas tropicais ombrófilas de Sumatra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Patrimonio das selvas tropicais ombrófilas de Sumatra
Man of the woods.JPG
Patrimonio das selvas tropicais ombrófilas de Sumatra en Indonesia
Patrimonio das selvas tropicais ombrófilas de Sumatra
Patrimonio das selvas tropicais ombrófilas de Sumatra
localización
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísFlag of Indonesia.svg Indonesia
LocalizaciónCoordenadas: 2°30′S 101°30′L / -2.500, -101.500
TipoNatural
Criteriosvii, ix, x
Inscrición2004 (28ª sesión)
Rexión da UNESCOAsia
Identificador1167

O patrimonio das selvas tropicais ombrófilas de Sumatra é un lugar declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 2004. Abrangue tres parques nacionais indonesios na illa de Sumatra: o Parque Nacional de Gunung Leuser, o Parque Nacional de Kerinci Seblat e o Parque Nacional de Bukit Barisan Selatan. O sitio foi inscrito como Patrimonio da Humanidade segundo os criterios vii: beleza paisaxística destacada; ix: un exemplo destacado que representa importantes procesos ecolóxicos e biolóxicos en curso; e x: contén os hábitats naturais máis importantes e significativos para a conservación in situ.[1] O patrimonio das selvas tropicais ombrófilas de Sumatra incluíuse na Lista do Patrimonio da Humanidade en Perigo no ano 2011 para axudar a superar as ameazas que supón a caza furtiva, a talla ilegal, a invasión agrícola e os plans para construír estradas a través do lugar.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. UNESCO: Description, consultado o 12 de febreiro de 2009
  2. Danger listing for Indonesia’s Tropical Rainforest Heritage of Sumatra, consultado o 22 de xuño de 2011