Parque Nacional Skaftafell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 64°00′58″N 16°58′19″O / 64.01611, -16.97194

Vista dun cámping co volcán Öræfajökull ó fondo.

O Parque Nacional Skaftafell, en islandés Þjóðgarður Skaftafell, é un antigo parque nacional do sur de Islandia, que o 7 de xuño de 2008 foi fusionado no Parque Nacional Vatnajökull xunto co tamén antigo Parque Nacional Jökulsárgljúfur.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

O parque fora fundado o 15 de setembro de 1967 e situábase entre as vilas de Kirkjubæjarklaustur e Höfn.

Estivo habitado durante a Idade Media e aínda se poden atopar antigas granxas e edificacións na zona. Porén, foron abandonadas despois de dúas erupcións volcánicas. As dúas granxas que se conservan foron rehabilitadas para o turismo. O parque tamén ten unha oficina de información, un cámping e hai varias rutas de sendeirismo.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. hi.is (ed.). "Vatnajokull National Park". Háskóli Íslands. Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2009. Consultado o 17 de agosto de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]