Parque Nacional Jökulsárgljúfur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 65°55′08″N 16°31′14″O / 65.91889, -16.52056

Vista do río Jökulsá á Fjöllum.

O Parque Nacional Jökulsárgljúfur é un espazo natural que se atopa no norte de Islandia, arredor do río Jökulsá á Fjöllum. No seu extremo norte contén a famosa fervenza Dettifoss, a máis caudalosa de Europa.

Historia[editar | editar a fonte]

O Parque creouse no ano 1973. Ten unha superficie de 150 km² e unha lonxitude de 35 km ó longo da ribeira do río glaciar Jökulsá. A parte máis setentrional, Ásbyrgi, foi integrada no ano 1978. Porén, o 7 de xuño de 2008, Jökulsárgljúfur pasou a formar parte do Parque Nacional Vatnajökull, o meirande de Europa.[1]

Características[editar | editar a fonte]

Jökulsárgljúfur destaca polas súas montañas de orixe volcánica e o gran canón polo que discorre o río. Os canóns teñen unha lonxitude duns 25 km e teñen semellanza co Gran Canón de Arizona. Hai uns 8000 anos, un volcán entrou en erupción violentamente debaixo do río, causando explosións pola combinación dos gases, a auga e o lume. As montañas de arredor ficaron devastadas, polo que na actualidade só quedan ruínas xunto coas formacións volcánicas.

No centro do parque atópase Hljóðarklettar (A rocha dos ecos). Rauðhólar (A montaña vermella) é a elevación máis característica do parque debido á súa coloración. Tamén é destacábel o canón Ásbyrgi, situado no norte e con forma de ferradura.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. hi.is (ed.). "Vatnajokull National Park". Háskóli Íslands. Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2009. Consultado o 13 de agosto de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]