O Panxab[1] ou Punxab,[2] tamén chamado Panxab Occidental, é unha das catro provincias de Paquistán. Está situada no leste do país, facendo fronteira coa India.
Con preto de 100 millóns de habitantes, é a rexión máis poboada e desenvolvida de Paquistán. A súa capital é Lahore, cidade que supera os 10 millóns de habitantes. Outras cidades millonarias en Panxab son Faisalabad, Rawalpindi, Multan e Gujranwala.
O nome da provincia paquistaní provén da rexión histórica do Panxab ten a súa orixe no século XVII cando os mongois mesturaron as palabras persas punj (cinco) e āb (auga) facendo referencia ós cinco ríos que percorren o territorio antes de desembocar no río Indo.[3]