Saltar ao contido

Lingua panxabí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingua panxabí
پنجابی Editar o valor en Wikidata
Pa-%E0%A8%AA%E0%A9%B0%E0%A8%9C%E0%A8%BE%E0%A8%AC%E0%A9%80.ogg e LL-Q5885%20%28tam%29-Sriveenkat-%E0%AE%AA%E0%AE%9E%E0%AF%8D%E0%AE%9A%E0%AE%BE%E0%AE%AA%E0%AE%BF%20%E0%AE%AE%E0%AF%8A%E0%AE%B4%E0%AE%BF.wav pronuncia
 Nome orixinal
پنجابی (pnb)
ਪੰਜਾਬੀ (pa)
Panjabi (mis) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Subclase de
 Parte de
 Epónimo
 Estudado por
Sikhi (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
 Caracterizado por
 Grupo cultural
Punjabis (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Tempo gramatical
 Modo gramatical
 Xénero gramatical
Implicados
 Usado por
 Institución de normalización
 Estado de lingua da UNESCO
segura
Clasificación lingüística
Cifras e dimensións
 Número de falantes
   125.000.000 (2021) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localización
 Orixinario de
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/0688f Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC154075 Editar o valor en Wikidata
ISO 639-1pa Editar o valor en Wikidata
ISO 639-2pan Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3pan Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5pan Editar o valor en Wikidata
IETFpa Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

O panxabí,[1] tamén coñecido como punjabi[2] (nome local: ਪੰਜਾਬੀ / pañjābī ou پنجابی / panjābī) é unha lingua indoeuropea da rama das linguas indoiranias falada na India (rexión do Panxab) e en Paquistán, por preto de 100 millóns de falantes (entre todos os dialectos; ese número pode ser ben máis pequeno de excluírmos certos dialectos); deriva de prácritos, como o hindi, pero é máis arcaico, e, xa que logo, máis irregular que este.

Para a súa escritura emprega principalmente o semisilabario gurmukhî, así como o devanágari ou o alfabeto árabe na súa variante persa.

Esta lingua sería, co hindi, a lingua nai do romaní, a lingua dos xitanos. O panjabiano é unha lingua con acento de altura, á maneira do sánscrito outrora, e funciona con tres entoacións. É unha das poucas linguas indoarias modernas dese tipo.

Situación actual

[editar | editar a fonte]

Na India, o panxabí é unha das 22 linguas con estatuto oficial da India. É a primeira lingua oficial do Panxab e do Estado do Territorio da Unión (Union Territory State) Chandigar (Chandigarh)) e a segunda lingua oficial de Hariana (Haryana), Estado de Himachal (mal chamado Himachal Pradesh, xa que pradesh quere dicir estado, país) e Delhi. En Paquistán, o panxabí é a lingua provincial do Panxab, a principal provincia paquistaní.

Fonoloxía

[editar | editar a fonte]
Vogais
AnteriorCase anteriorCentralCase posteriorPosterior
pechada
semipechada ɪʊ
media ə
semiaberta ɛːɔː
aberta

A lingua panxabí tamén ten vogais nasalizadas.

Consoantes
Bilabial Labiodental Dental/
Alveolar
Retroflexa Palatal Velar Glotal
Nasal m n ɳ ɲ ŋ
Oclusiva e
africada
xorda p ʈ ʧ k
aspirada xorda t̪ʰ ʈʰ ʧʰ
sonora b ɖ ʤ g
Fricativa (f) s (z) (ʃ) ɦ
Vibrante ɾ ɽ
Aproximante ʋ l ɭ j

Morfoloxía

[editar | editar a fonte]

Substantivos

[editar | editar a fonte]

O panxabí distingue dous xéneros, dous números, e cinco casos que son o directo, oblicuo, vocativo, ablativo e locativo/instrumental. Os dous últimos casos son basicamente vestixios na lingua actual: o ablativo só aparece no singular, en variación libre co caso oblicuo máis ablativo posposición, e o locativo/instrumental déixase só para expresións adverbiais. É posible facer unha subdivisión entre os substantivos, dividíndoos entre subclases declinables extensibles e inextensibles, cuxo remate característico é para os masculinos en átono e para os femininos .

Adxectivos

[editar | editar a fonte]

Os adxectivos divídense en categorías declinables e indeclinables. As declinables márcanse na súa terminación, para o xénero, número e caso do substantivo que define. En comparación, o número de terminacións dos adxectivos declinables é similar a dos substantivos aínda que máis simplificado

Pl.Sg.
Declin. Masc.Dir. -ā-e
Obl. -e-e, -iā̃
Fem. -ī-īā̃
Indeclin.

Os adxectivos indeclinables son totalmente invariables e poden rematar tanto en consoantes coma vogais (incluíndo ā e ī ). Dir. masc. sing. () é a forma que aparece nos dicionarios.

Adxectivo declinable caṅgā "bo" en caso atributivo
Dir.Obl.Voc.Abl.Loc./
Instr.
Masc.Sg. caṅgā kòṛācaṅge kòṛecaṅge kòṛiācaṅge kòṛiõ(caṅge kòṛe)
Pl. caṅge kòṛecaṅgiā̃ kòṛiā̃caṅgiā̃ kòṛio
Fem.Sg. caṅgī sakhīcaṅgī sakhīe
Pl. caṅgīā̃ sakhīā̃caṅgīā̃ sakhīo
Dir.Obl.Voc.Abl.Loc./
Instr.
Masc.Sg. caṅgā kàrcaṅge kàrcaṅge kàrācaṅge kàrõcaṅge kàre
Pl. caṅge kàrcaṅgiā̃ kàrā̃caṅgiā̃ kàrocaṅgiā̃ kàrī̃
Fem.Sg. caṅgī gall(caṅgī galle)caṅgī gallõcaṅgī galle
Pl. caṅgīā̃ gallā̃caṅgīā̃ gallocaṅgīā̃ gallī̃
Adxectivo indeclinable xarāb "malo" en uso atributivo (o son "x" equivale ao "j" castelán)
Dir.Obl.Voc.Abl.Loc./
Instr.
Masc.Sg. xarāb kòṛāxarāb kòṛexarāb kòṛiāxarāb kòṛiõ(xarāb kòṛe)
Pl. xarāb kòṛexarāb kòṛiā̃xarāb kòṛio
Fem.Sg. xarāb sakhīxarāb sakhīe
Pl. xarāb sakhīā̃xarāb sakhīo
Dir.Obl.Voc.Abl.Loc./
Instr.
Masc.Sg. xarāb kàrxarāb kàrāxarāb kàrõxarāb kàre
Pl. xarāb kàrxarāb kàrā̃xarāb kàroxarāb kàrī̃
Fem.Sg. xarāb gall(xarāb galle)xarāb gallõxarāb galle
Pl. xarāb gallā̃xarāb galloxarāb gallī̃

Literatura en panxabí

[editar | editar a fonte]

Entre os escritores modernos en lingua panxabí de nacionalidade paquistaní, destacan:

Algúns coñecidos poetas modernos do Panxab indio son:

  1. González González, Manuel (ed.). "Panxabí". Tergal. Consultado o 31/12/2024.
  2. "Entrada punjabi en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2017. Consultado o 14 de marzo de 2017.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]