Panay

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Panay
Simsiman
Ph locator map panay.png
Localización de Panay
Iloilo City-080701-N-0640K-527.jpg
Vista da cidade de Iloilo
Situación
País Flag of the Philippines.svg Filipinas
Arquipélago Illas Visayas
Mar Océano Pacífico
Coordenadas 11°09′N 122°29′L / 11.150, -122.483
Xeografía
Superficie 12.297 km²
Punto máis alto 2.117 m. Monte Madias
Demografía
Capital Iloilo city
Poboación 4.477.247 hab. (2015)

Panay é unha illa filipina do arquipélago das Visayas. Ten 11.514 km². Distínguense na mesma tres rexións: a occidental, con montañas de ata 2.180 m; a chaira central, percorrida polos ríos Sibalom, Jaro e Jalaud; e os outeiros do leste.

As principais cidades son Iloilo e Roxas. A súa economía baséase no sector primario: azucre, arroz, pesca. Tamén se explotan as selvas (ébano) e extráense cobre, carbón, manganeso, cromo e mercurio.

O nome da illa foi dado polos EUA a algúns dos seus barcos, o mais coñecido foi o USS Panay, lancha canoneira do río Yang-Tse-Kiang, que as tropas xaponesas ametrallaron ata afundilo, en decembro de 1937, durante o saqueo de Nankin. O incidente do Panay provocou por milagre só dous mortos nas numerosas persoas de orixe occidental que se refuxiaran a bordo, fuxindo da tolemia sanguenta das tropas xaponesas. Todo o acontecemento foi filmado ao longo por correspondentes de guerra de varios países que estaban a bordo. Un mes despois, as películas difundidas nos EUA durante o período das festas de fin de ano provocaron a ira do pobo e numerosas manifestacións esixindo unha reaccion enérxica do goberno. Roosevelt ameazou a Xapón con declararlle a guerra, pero o goberno xaponés, ao seu pesar, escusouse abundamente do "erro" dos seus soldados e pagou unha gran multa aos americanos.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O Monte Nangtud, é o punto máis alto na illa de Panay que se atopa a 2.205 m. sobre o nivel do mar. Boracay é unha illa a 2 km ao noroeste e parte da provincia de Aklan, é un destino turístico popular.

Divisións administrativas[editar | editar a fonte]

A illa está cuberta por 4 provincias, 92 municipios, e desde 2014, 3 cidades (93 municipios se inclúese o grupo de Illas asociadas de Caluya), todas baixo a xurisdicción da rexión de Visayas Occidental.

Escudo Provincia Poboación
(2015) censo [1]
Superficie Densidade Capital Concellos
(incluíndo
Illas asociadas*)
Cidades Localización
Aklan 574.823 70031821420000000001,821.42 km2 (703.25 sq mi) 290 hab/km² Kalibo Panay Island-Aklan locator map.png
Antique Logo.png Antique 582.012 70032729170000000002,729.17 km2 (1,053.74 sq mi) 200 hab/km² San Jose de Buenavista Panay Island-Antique locator map.png
Capiz 761,384 70032594640000000002,594.64 km2 (1,001.80 sq mi) 280 hab/km² Roxas Roxas Panay Island-Capiz locator map.png
Ph seal iloilo.png Iloilo 2.384.415 70035079170000000005,079.17 km2 (1,961.08 sq mi) 440 hab/km² Iloilo City Iloilo
Passi
Panay Island-Iloilo locator map.png
Escudo Provincia Poboación
(2015)
Superficie Densidade Capital concellos Cidades Localización

Notas: O concello de Caluya na provincia de Antique está composta por illas separadas que se inclúen baixo os grupo de illas de Panay. As cifras de Iloilo inclúen a cidade independente de Iloilo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]