Otto Friedrich Müller

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaOtto Friedrich Müller

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(da) Otto Frederik (Friedrich, Friderich, Fridrich) Müller Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de marzo de 1730 Editar o valor em Wikidata
Copenhague, Dinamarca Editar o valor em Wikidata
Morte26 de decembro de 1784 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Copenhague, Dinamarca Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaDinamarca Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeDinamarca Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Copenhague
Ribe Katedralskole (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEntomoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbotánico , ornitólogo , carcinólogo , zoólogo , lepidopterólogo , labrego Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua latina e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaO.F.Müll. Editar o valor em Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaO.F. Müller Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsChristian Friedrich Müller (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Otto Friedrich Müller (escrito ás veces o seu segundo nome como Friderich, Fridrich ou Frederik, e o seu apelido como Mueller), nado o 11 de marzo de 1730 e finado o 26 de decembro de 1784, foi un naturalista danés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Müller era fillo dun trompetista da corte de Copenhaguen. Cando tiña doce anos foi confiado ao seu tío, Niels Udsen, en Ribe, ao oeste de Dinamarca. Baixo a súa dirección estuda Historia e Música. Máis tarde retorna a Copenhaguen, onde estuda Teoloxía e Dereito na súa Universidade. Nos anos seguintes gañouse a vida como músico.

Pero pronto convértese en preceptor da viúva dun exprimeiro ministro, a condesa Shulin. Permaneceu ao seu servizo durante dezasete anos. Viviu coa familia en Østergade, no centro de Copenhaguen, en inverno e, no verán, no pequeno castelo de Frederiksdal, próximo ao lago Furesø, ao noroeste de Copenhaguen.

Foio nestes anos cando comezou a interesarse pola historia natural, pola que a condesa sentía un grande interese. As súas viaxes por Europa cos fillos dela, fixéronlle coñecer a varios científicos eminentes como Bernard de Jussieu (1699-1777) ou Michel Adanson (1727-1806).

Preparou, en 1763, unha primeira obra sobre os champiñóns, seguida en 1764 dunha fauna entomolóxica, Fauna insectorum Friedrichsdaliana e, en 1767, dunha flora, Flora Friedrichsdaliana, esta última ilustrada por el mesmo.

Tras a morte da condesa, Müller obtivo, en 1769, un posto de conselleiro na Chancellaría e, en 1771, o de arquiveiro da Cámara de Finanzas de Noruega.

Casou con A. C. Paludan, unha muller rica que lle permitiu que se puidera dedicar enteiramente ao estudo. Pasou o resto da súa vida estudando o ambiente natural de Själland en Zelandia (Países Baixos) e ao longo das costas do sur de Noruega, onde a súa esposa tiña unha residencia de verán.

Realizacións[editar | editar a fonte]

En 1776 foi autor de Zoologiae Danicae Prodromus, primeiro estudo da fauna de Noruega e Dinamarca, clasificando máis de 3 000 especies locais.

Pioneiro como naturalista de campo, foi dos primeiros científicos en estudar os microorganismos, e en establecer unha clasificación de varios grupos de animais, incluíndo os Hydrachnidiae (grupo de ácaros), os Entomostraca (grupo de crustáceos) e os Infusoria (infusorios ou ciliados, un grupo de protistas), descoñecidos por Linneo.

Foi membro da Deutsche Akademie der Naturforscher Leopoldina, da Real Academia das Ciencias de Suecia, da Academia de Ciencias de Francia, da Sociedade de Amigos da Ciencia Natural de Berlín, e doutras institucións científicas (como a Academia das Ciencias de Turín, a Academia Nacional de Ciencias de Italia ou a Academia de Ciencias de Baviera).

Obra[editar | editar a fonte]

  • 1776 - Zoologiae Danicae Prodromus, seu Animalium Daniae et Norvegiae Indigenarum characteres, nomina, et synonyma imprimis popularium.... Copenhagen. 282 pp. PDF
  • 1777 - Continens Tabulas I - XL. Zoologiæ Danicæ Seu Animalium Daniæ Et Norvegiæ Rariorum Ac Minus Notorum Icones. 4 pp.
  • Zoologiae Danicae Prodromus, primeiro manual de zooloxía danesa e norueguesa, durante moitos anos a máis comprensiva. Planificouna como o inicio dunha gran fauna ilustrada, pero só apareceu un volume antes do seu falecemento; os seguintes publicáronse en 1806 preparados por Søren Abildgaard e Martin Heinrich Rathke, entre outros.
  • 1764 - Fauna Insectorum Fridrichsdalina. Lipsiae: Hafniae et Gleditsch xxiv 96 pp.
  • 1785 - Entomostraca seu Insecta Testacea, quae in aquis Daniae et Norvegiae reperit, descripsit et iconibus illustravit. 135 pp. PDF
  • 1786 - Animalcula infusoria fluviatilia et marina quae detexit, et ad vinum delineari. 367 pp.
  • 1792 - Entomostraca seu Insecta testacae quae in aquis Daniae et Norvegiae reperit.
  • 1800 - Naturgeschichte einiger Wurmarten des süssen und salzigen Wassers. 200 pp. En liña.

Abreviaturas[editar | editar a fonte]

  • A abreviatura O.F.Müll. emprégase parea recoñecer a Otto Friedrich Müller como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.
  • A abreviatura Müller emprégase parea recoñecer a Otto Friedrich Müller como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Honores[editar | editar a fonte]

Epónimos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Suppl. Pl. 53, 329. 1782 [1781 publ. Apr 1782] (GCI).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Damkaer, David M. (2002): The Copepodologist's Cabinet: A Biographical and Bibliographical History, Volume One: Aristotle to Alexander von Nordmann (330 B.C. to A.D. 1832), Memoirs of the American Philosophical Society held at Philadelphia for promoting useful knowledge, Vol. 240. Philadelphia, Pensylvania, USA: American Philosophical Society. ISBN 0-87169-240-6, pp. 73–87.
  • Spärck, R. (1932): "Otto Friedrich Müller", pp. 60–64, en: Meisen, V. Prominent Danish Scientists through the Ages. University Library of Copenhagen. 450th Anniversary. Copenhagen: Levin & Munksgaard, pp. 60–64.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]