Oshakati
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Namibia | |||
Rexión | Oshana | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 39.679 (2010) | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 1.074 m | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 5530 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 65 | |||
Oshakati é unha cidade de Namibia, unha das máis desenvolvidas da zona coñecida como Ovambolandia, no norte do país. Desde xullo de 1966 é a capital da Rexión de Oshana, a segunda máis densamente poboada das catorce rexións namibianas.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Situada a 1074 msnm, está comunicada pola autoestrada B1, a principal de Namibia, que une a fronteira con Suráfrica, a través da capital Windhoek, coa fronteira de Angola. Ademais, a cidade comparte un pequeno aeroporto coa súas veciñas cidades de Ondangwa e Ongwediva.
O complexo das cidades Oshakati-Ongwediva-Ondangwa experimentou un importante crecemento urbano desde que Namibia alcanzou a independencia, o 21 de marzo de 1990 e constitúe un importante foco comercial e industrial.
No seu conxunto, forma a segunda maior concentración de poboación de Namibia despois de Windhoek, pero aínda carece de infraestruturas básicas e da maioría dos servizos e instalacións que normalmente se achan en zonas urbanas deste tamaño. A maioría das empresas do norte de Namibia sitúanse aquí, subministrando unha cantidade importante de emprego.
Historia
[editar | editar a fonte]A cidade foi utilizada como base de operacións pola Forza de Defensa de Suráfrica (SADF) durante a Guerra da fronteira de Suráfrica. Este foi un conflito que se produciu en Namibia, daquela África do Suroeste, administrada por Suráfrica, que implicou a este país, Zambia e Angola desde o 26 de agosto de 1966 ao 21 de marzo de 1990. A SADF enfrontouse ao o Exército de Liberación Popular de Namibia (PLAN), e ao da Organización do Pobo de África do Suroeste (SWAPO) e os seus aliados (principalmente Angola, e os asesores de Cuba e a URSS). Esta guerra deu lugar a algunhas das maiores batallas no continente africano desde a segunda guerra mundial,[1] e estivo intimamente relacionada coa Guerra civil angolana.[2]
Poucos anos antes da independencia de Nambia, en febreiro de 1988, explotou unha bomba en Oshakati, na sede do First National Bank, ocasionando a morte de 27 persoas e ferindo a outras 30, a maioría enfermeiras e profesores. Ninguén foi condenado oficialmente por esta causa, que decaeu coa independencia de país en 1990, en favor da reconciliación nacional.[Cómpre referencia]
En abril de 2006 foi inaugurado o novo edificio do Consello Municipal de Oshakati polo presidente de Botswana, Festus Mogae.
A cidade de Oshakati no ano 2011 tiña unha poboación de 36 541 habitantes.[3]
Na actualidade, a súa alcaldesa é Katrina Shimbulu.[4]
Cultura
[editar | editar a fonte]O Concello de Oshakati organiza a exposición anual Oshakati Totem Expo, que combina a celebración das tradicións locais cunha moderna exposición empresarial.[5]
O evento organizado por primeira vez o 9 de xuño de 2012 polo daquela gobernador de Oshana Clemens Kashuupulwa. Ten lugar anualmente durante un período de catro días nos meses de xuño ou xullo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rajagopal, Balakrishnan (2003). International Law from Below: Development, Social Movements and Third World Resistance. Cambridge, RU: Cambridge University Press. pp. 50-68. ISBN 978-0-5210-1671-1.
- ↑ Fernando Andresen Guimaraes (2001): The Origins of the Angolan Civil War. Londres, RU: Palgrave Macmillan. ISBN 978-0-2305-9826-3.
- ↑ "Table 4.2.2 Urban population by Census years (2001 and 2011)" (PDF). Namibia 2011 - Population and Housing Census Main Report. Namibia Statistics Agency. p. 39. Consultado o 2 de agosto de 2019.
- ↑ Ileka, Merja (7 de decembro de 2015). "Shimbulu back as Oshakati mayor". Namibian Sun. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 02 de agosto de 2019.
- ↑ User, Super. "Does the Oshakati Town Council offer bursaries, loans for businesses or SME funding?". www.oshtc.na (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2014. Consultado o 2 de agosto de 2019.