A SWAPO (acrónimo en inglés de South-West African People's Organization; en galego: «Organización Popular Africana do Suroeste») é un partido político de Namibia. A efectos electorais denomínase «SWAPO Party» (partido SWAPO).
Utilizando o slogan "Unha Namibia, unha nación", opúxose con vehemencia ás políticas de desenvolvemento separado (apartheid) e de bantustáns impostas polo réxime racista de Suráfrica.
Cando en 1990Namibia finalmente se constituíu como Estado independente, a SWAPO converteuse no partido político dominante da escena política, co seu líder Sam Nujoma gañando as primeiras eleccións e converténdose no primeiro presidente do país.
A SWAPO volveu obter a vitoria nas eleccións de 2005, con Hifikepunye Pohamba, logrando facerse co 75% do electorado.