Os xogos da fame (filme)
| Os xogos da fame | |||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||||||
Os xogos da fame (orixinalmente en inglés: The Hunger Games) é un filme estadounidense dirixido por Gary Ross que se estreou no 2012. Baséase na primeira parte da triloxía xuvenil de Suzanne Collins The Hunger Games e é o primeiro filme da serie The Hunger Games. O filme foi producido por Nina Jacobson e Jon Kilik, con guión de Ross, Collins e Billy Ray. Está protagonizado por Jennifer Lawrence, Josh Hutcherson, Liam Hemsworth, Woody Harrelson, Elizabeth Banks e Donald Sutherland.[1] O filme estreou a súa versión dobrada ao galego o 8 de decembro de 2015 na TVG.[2]
Sinopse
[editar | editar a fonte]O que no pasado foron os Estados Unidos, agora é unha nación chamada Panem: un fastoso Capitolio exerce un control rigoroso sobre os doce distritos que o rodean e que están illados entre si. Cada distrito está obrigado a enviar anualmente un rapaz e unha rapaza entre os doce e os dezaoito anos para que participen nos Xogos da Fame, que son transmitidos en directo pola televisión. Trátase dunha loita a morte, na que só pode haber un supervivente. Katniss Everdeen, unha moza de dezaseis anos, decide substituír a súa irmá máis nova nos xogos.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Jennifer Lawrence como Katniss Everdeen
- Voz da dobraxe galega de Ruth Pazo.
- Josh Hutcherson como Peeta Mellark
- Voz da dobraxe galega de Daniel Lema.
- Liam Hemsworth como Gale Hawthorne
- Woody Harrelson como Haymitch Abernathy
- Elizabeth Banks como Effie Trinket
- Lenny Kravitz como Cinna
- Stanley Tucci como Caesar Flickerman
- Voz da dobraxe galega de Matías Brea.
- Donald Sutherland como Presidente Coriolanus Snow
- Wes Bentley como Seneca Crane
- Amandla Stenberg como Rue
- Alexander Ludwig como Cato
- Isabelle Fuhrman como Clove
- Jack Quaid como Marvel
- Leven Rambin como Glimmer
- Toby Jones como Claudius Templesmith
- Dayo Okeniyi como Thresh
- Ian Nelson como Noah
- Jacqueline Emerson como Foxface
- Paula Malcomson como Señora Everdeen
- Willow Shields como Primrose Everdeen
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fleming, Mike (24 de maio de 2011). "Toby Jones In The Hunger Games". Deadline.com. Consultado o 24 de maio de 2011.
- ↑ Os xogos da fame (CRTVG). Páxina no Facebook da CRTVG. 8 de decembro de 2015. Consultado o 21 de outubro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Allmovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en Metacritic (en inglés)
- Filmes de 2012
- The Hunger Games (serie de filmes)
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Gary Ross
- Filmes con banda sonora de James Newton Howard
- Filmes de ciencia ficción e aventuras dos Estados Unidos de América
- Filmes de Lions Gate Entertainment
- Filmes rodados en Carolina do Norte
- Filmes postapocalípticos
- Filmes distópicos
- Filmes distribuídos en sistemas IMAX
- Filmes de 2012 con versión en galego