Willow Shields

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Willow Shields
Willow Shields SDCC 2015.jpg
Willow Shields en xullo de 2015.
Nome completoWillow Shields
Nacemento1 de xuño de 2000 (23 anos)
LugarAlbuquerque, Novo México, Estados Unidos de América Estados Unidos
NacionalidadeEstados Unidos de América
ProfesiónActriz (2008-presente)
Na rede
http://WillowShields.us
IMDB: nm3094377 Allocine: 483867 Rottentomatoes: celebrity/willow_shields Allmovie: p687660
Facebook: officialwillowshields Twitter: willowshields Instagram: willowshields Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Willow Shields, nada o 1 de xuño de 2000 en Albuquerque, Novo México, é unha actriz estadounidense de cinema e televisión. É principalmente coñecida polo seu traballo no filme Os xogos da fame.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Carrie e Rob Shields,[1] ten unha irmá xemelga, Autumn, e un irmán máis vello, River, que tamén son actores.[2] O seu primeiro traballo profesional foi como narradora da curtametraxe Las Vegas New Mexico 1875 e posteriomente tivo pequenos papeis secundarios na televisión. Foi no ano 2012 cando deu o salto ao cine interpretando a Primrose Everdeen no filme Os xogos da fame, así como no resto de filmes da saga. En 2015 participou como concursante no programa de televisión Dancing with the Stars.[3]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Cine e televisión
Ano Título Personaxe Notas
2008 Las Vegas New Mexico 1875 Rapaza (voz) Curtametraxe
2009 In Plain Sight Lisa Rogan/Lisa Royal 1 episodio
2011 Beyond the Blackboard Grace Telefilme
2012 Os xogos da fame Primrose Everdeen
2012 R.L. Stine's The Haunting Hour Eve Tempada 3, episodio 9: "Intuders"
2013 The Hunger Games: Catching Fire Primrose Everdeen
2014 The Hunger Games: Mockingjay – Part 1 Primrose Everdeen
2015 The Hunger Games: Mockingjay – Part 2 Primrose Everdeen
2015 A Fall from Grace Grace
2015 Dancing with the Stars Ela mesma/concursante Tempada 20
2017 Into the Rainbow Rachel

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gómez, Adrián (18 de marzo de 2012). "From ABQ To ‘Hunger Games". Albuquerque Journal. Consultado o 7 de setembro de 2017. 
  2. Smith, Emily (2013). Emereo, ed. The Willow Shields Handbook - Everything you need to know about Willow Shields. ISBN 9781486482009. 
  3. "Dancing With the Stars' 2015: Season 20 Celebrity Cast Announced". ABC News. 24 de febreiro de 2015. Consultado o 7 de setembro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]