Saltar ao contido

The Hunger Games

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Hunger Games
 Título
    The Hunger Games (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Forma artística
 Ambientado en
 Edicións
(2009) Hunger Games (en) Traducir en lingua francesa
(2008) The Hunger Games ed. 1 en lingua inglesa Editar o valor en Wikidata
 Obra derivada
 Lingua
Implicados
 Autor/a
 Editorial
Datas
 Data de publicación
14 de setembro de 2008 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Parte da serie
 Precedido por
 Sucedido por
Catching Fire (2009 - ) Editar o valor en Wikidata
 Premios e distincións
 Nomeamentos
Cifras e dimensións
 Número de páxinas
   374 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de publicación
Códigos e identificadores
Goodreads2792775 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL5735363W Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/04ydtzf Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata

The Hunger Games é unha novela de ciencia ficción escrita pola estadounidense Suzanne Collins que foi publicada en 2008. Está escrita en primeira persoa na voz dunha adolescente de 16 anos, Katniss Everdeen, que vive na nación postapocalíptica de Panem, no que outrora foran os Estados Unidos de América. O Capitolio, unha metrópole moi avanzada, exerce o control político sobre o resto do nación. Os coñecidos como "Xogos da Fame" son un evento anual no que un rapaz e unha rapaza de entre 12 e 18 anos de cada un dos doce distritos que rodean o Capitolio son escollidos por lotaría para enfrontarse nunha batalla televisada a morte.

O libro recibiu críticas maioritariamente positivas de críticos e escritores, como os autores Stephen King e Stephenie Meyer. Loouse a súa historia e o desenvolvemento do personaxe principal, malia que algúns críticos atoparon semellanzas entre o libro de Collins e o de Koushun Takami Battle Royale (1999). Para escribir The Hunger Games, Collins empregou elementos da mitoloxía grega, os combates de gladiadores romanos e os realities de televisión. A novela gañou numerosos premios, incluído o California Young Reader Medal, e foi incluído na listaxe "Best Books of the Year" (mellores libros do ano) polo Publishers Weekly' en 2008.

The Hunger Games foi publicado o 14 de setembro de 2008 por Scholastic, cunha cuberta deseñada polo ilustrador Tim O'Brien. Após unha tiraxe inicial de 200 000 exemplares, o libro acadou as 800 000 copias vendidas en febreiro de 2010. Dende a súa publicación, The Hunger Games foi traducido a 26 linguas, con dereitos de publicación vendidos en 38 territorios. A novela é a primeira dunha triloxía seguida por Catching Fire (2009) e Mockingjay (2010). A adaptación cinematográfica, dirixida por Gary Ross e coescrita e coproducida pola propia Collins, estreouse no 2012, e xunco cos outros dous libros formará a tetraloxía: The Hunger Games (serie de filmes).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]